GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en Galicia acompañaron en 2020 a case 3.500 familias chegadas a Galicia nos últimos anos

(03/01/2021)

As Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en Galicia acompañaron en 2020 a case 3.500 familias chegadas a Galicia nos últimos anos

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou a importancia destas cinco oficinas que dispoñen de persoal especializado e permiten “acompañar persoalmente aos galegos e galegas do exterior en todo o seu proceso de retorno”.

 

En 2019 retornaron a Galicia 6.574 galegas e galegos, convertendo a Galicia na comunidade autónoma con maior índice de retorno sobre as persoas que entran no país.

 

Na provincia da Coruña atendéronse 8.441 consultas que afectaban ao entorno laboral, educativo e social destas familias; 2.153 en Pontevedra; 1.078 en Ourense e 697 en Lugo. 

 

Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración e da delegada da Xunta en Vigo á Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno na cidade olívica

Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración e da delegada da Xunta en Vigo á Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno na cidade olívica

 

 
Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 1 de xaneiro de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, realizou, nas últimas semanas, unha rolda de visitas polas cinco Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situadas en Lugo, Ourense, A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela, comprobando o labor realizado ao longo destes meses para acompañar e axudar aos galegos e galegas do exterior que decidiron retornar a Galicia e comezar unha nova vida.

 

Estas oficinas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e contan con persoal especializado que se encarga de informar e asesorar aos galegos e galegas do exterior cara a favorecer o retorno, así como de acompañar ás e aos galegos retornados e aos seus e ás súas familiares. Tamén explican tódolos programas da Secretaría Xeral da Emigración dirixidos á diáspora, así como comunican os temas relacionados con educación, formación, laboral e social, e mesmo, no caso das e dos familiares con outra nacionalidade, tamén asesoran no eido da estranxeiría, ofrecendo apoio continuo, tanto presencial coma telemático.

 

Ao longo de 2019, as oficinas integrais das catro provincias asesoraron a un total de 3.442 familias, interesadas en coñecer as liñas de apoio coas que a Xunta de Galicia conta para axudarlles a consolidar o seu regreso, así como os canais existentes para homologar estudos, facilitar a tramitación da documentación persoal e a presentación de solicitudes de subvencións e prestacións. 

 

Así, en total, realizáronse 12.369 consultas, das cales 2.255 estaban relacionadas con temas educativos (escolarización de menores, formación regrada, formación para o emprego, homologación de estudos...); 5.659 tiveron que ver con temas sociais como asistencia sanitaria, autorizacións de residencia, axudas económicas, prestacións ou vivenda; 2.912 tiñan que ver con temas laborais como información acerca do emprego por conta allea ou axudas ao autoemprego, e finalmente, 1.543 cuestións tiñan relación con outros trámites. 

 

Por provincias, A Coruña tivo 8.441 consultas (das cales, 1.398 foron cuestións educativas, 3.888 sociais e 1.998 laborais); Pontevedra concentrou un total de 2.153 (das cales, 563 foron cuestións educativas, 984 sociais e 475 laborais); en Ourense contabilizáronse 1.078 (das cales, 150 foron cuestións educativas, 500 sociais e 278 laborais) e finalmente en Lugo houbo 697 (das cales, 144 foron cuestións educativas, 287 sociais e 161 laborais).

 

A posta en marcha destas oficinas forma parte da Estratexia Galicia Retorna que está a desenvolver o Goberno galego cun orzamento global de máis de 235 millóns, dos que máis de 15 abarcan medidas específicas de fomento do retorno. 

 

“As cifras indícannos que imos polo bo camiño: o 2019 continuamos tendo crecemento do retorno, con 6.574 galegos que volveron á súa terra, o que sitúa o total da lexislatura por riba dos 24.700 retornados”, salientou o secretario xeral que, neste marco, puxo en valor a importancia dunha infraestrutura que permitirá “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”.  

 

Finalmente, e ante o inicio do Ano Santo, o secretario xeral destacou que o emprazamento da oficina de Santiago ten un importante contido simbólico para o 2021, xa que se atopa situada no edificio que foi o Pavillón de Galicia na Expo 92, ‘Edificio Xacobeo’: “Daquela ensinou ao mundo o que era Galicia, e agora permitirá orientar aos galegos do exterior na súa volta á casa”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas