GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia recupera poboación grazas aos emigrantes estranxeiros e aos galegos retornados

(16/12/2020)

Galicia recupera poboación grazas aos emigrantes estranxeiros e aos galegos retornados

Galiciapress

Redacción | martes, 15 de decembro de 2020,


Se non fóra polos que volven e os que chegan, Galicia seguiría envellecendo moito en 2019, pois houbo 15.000 mortes máis que nacementos. 

 

Venezuela avesanti
               Unha pasada mobilización de Avesanti en Santiago de Compostela


No últimos cinco anos, a cantidade de persoas que chegan a Galicia triplicouse. Moitos son galegos que emigraron no seu día a Venezuela ou cidadáns dese país, que arrastra anos de crise económica e política.

Con todo, a poboación segue envellecendo e pronto haberá máis persoas de 85 anos que menores de 4. A poboación galega creceu en 1.803 persoas en 2019 grazas á migración exterior e interior, e pese ao saldo vexetativo negativo, de modo que o total situouse en 2.702.244 habitantes ao 1 de xaneiro de 2020.

Así se desprende dos datos definitivos das cifras de poboación que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE). En concreto, Galicia rexistrou 15.631 mortes máis que nacementos (saldo vexetativo), pero obtivo datos positivos tanto en migración exterior (+16.866 persoas) como na interior, desde o resto de España (+676).

 

Desta forma, sumou 1.803 persoas máis, o que representa un incremento poboacional do 0,07%, lonxe do 0,84% de aumento que rexistrou a m edia estatal.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas