GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Comisión Permanente do CGCEE pide ao Goberno que prorrogue dous anos máis o mandato do Consello

(04/12/2020)

A Comisión Permanente do CGCEE pide ao Goberno que prorrogue dous anos máis o mandato do Consello


Crónicas da Emigración

E. C., Vigo | 3 de decembro de 2020,


A Comisión Permanente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior (CGCEE) solicitou ao Goberno que prorrogue dous anos máis o mandato do Consello para que se poidan realizar os Plenos suspendidos. Desta maneira e, tendo en conta que a data de finalización do mandato marca cando son as eleccións aos Consellos de Residentes Españois (CRE), tamén se aprazarían estas, que, polo momento, está previsto celebrar o primeiro semestre de 2021

Esta petición fíxose durante a reunión da Comisión Permanente á que asistiu José Julio Rodríguez, subdirector xeral da Cidadanía Española no Exterior e Retorno do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións; e Jaime Moreno Bau, subdirector xeral de Protección e Asistencia Consular do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación.

Desde a Comisión lembrouse que o Pleno correspondente a 2020 non se levou a cabo pola pandemia, pero o correspondente a 2019 non se celebrou polo cambio de Goberno.

Na súa intervención, Moreno Brau fixo referencia ao informe da Avogacía do Estado onde se asegura, en relación aos CRE, que “non existe causa legal para suspender as eleccións” e lembrou que, a pesar do Covid-19, celebráronse as eleccións vascas e galegas sen incidentes relevantes.

O representante de Exteriores tamén ofreceu as datas dunha posible convocatoria para as eleccións aos CRE e deixou ver que o seu departamento tería que enviar unha comunicación aos consulados xerais informando sobre as próximas eleccións de CRE antes do 26 de decembro e, ao ser esas datas tan complicadas pola organización das eleccións catalás, quizais terían que poñerse de data tope o 22 do mesmo mes para informar.

José Julio Rodríguez, pola súa banda, fixo referencia á percepción equivocada que teñen algúns conselleiros da Administración como unha oposición ao CGCEE. En todo caso, asegurou que tomaban nota da petición e que a elevarían para que ambos os ministerios –Exteriores e Inclusión Social– buscasen unha solución ao máis alto nivel.

“O Pleno de 2019 non se levou a cabo por falta de vontade política”, asegura o conselleiro por República Dominicana, Eduardo Pahino, quen explica que este foi un mandato “errado” porque non se puideron tramitar moitas das cousas pendentes e por iso é tan importante alongar o mandato dous, tal e como xa se fixo en anteriores ocasións.

Ademais, Pahino explica que “en América Latina non se dan as condicións necesarias para celebrar as eleccións dos CRE, mesmo en moitos países, os consulados están pechados”. “Se se convocan agora –asegura– vai haber unha participación pírrica”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas