GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda destaca que máis de 1.000 galegas e galegos en Venezuela benefícianse da colaboración da Xunta na entrega de medicamentos

(02/12/2020)

Miranda destaca que máis de 1.000 galegas e galegos en Venezuela benefícianse da colaboración da Xunta na entrega de medicamentos

O secretario xeral da Emigración destaca que o próximo 2021 poderá aumentar o número de familias que opten a estes produtos ao aumentar a partida orzamentaria para este fin.

 

Imaxe de arquivo da campaña de entrega de medicamentos do exercicio 2019

Imaxe de arquivo da campaña de entrega de medicamentos do exercicio 2019

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2020.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou que acaba de ter lugar unha nova recepción de medicamentos por parte da Hermandad Gallega de Venezuela que destinará, en colaboración co Centro Gallego de Maracaibo, o de Puerto La Cruz e a Hermandad Gallega de Valencia, a 1.017 galegas e galegos en situación vulnerable neste país americano.

 

Para a adquisión destes produtos, a Xunta de Galicia destinou 166.000 euros. O próximo ano, poderase ver aumentado o número de beneficiarias e beneficiarios destes produtos, xa que a dotación para a compra destes medicamentos aumentará ata os 200.000 euros, de xeito que se poida afrontar as complexas situacións que están a vivir moitas e moitos galegos residentes en Venezuela a causa da difícil situación económica do país e da actual pandemia da covid-19.

 

Esta actividade, promovida polo Goberno galego en colaboración coas entidades galegas no país suramericano, centra a súa actividade na entrega de medicamentos para as galegas e os galegos nados en Galicia e os seus fillos e fillas que carezan de recursos para acceder a eles.

 

Persoal administrativo das oficinas de atención social dos centros galegos, así como profesionais médicos, prestan apoio ás e os interesados en recibir axuda, tanto á hora de completar os trámites legais como á de recibir asesoramento en materia sanitaria. 

 

“Con este programa facilitamos o acceso aos medicamentos e tratamentos médicos aos galegos residentes en Venezuela e os seus fillos e netos menores”, resaltou Miranda, quen lembrou que deste xeito se facilita o acceso a medicamentos para o tratamento de enfermidades crónicas ou patoloxías que revistan gravidade e requiran un sistema de distribución en modalidade de monodosis, a condición de que se acredite a carencia de medios económicos para acceder á súa compra. Como novidade, este ano, ademais, tamén se fixo entrega de insulina.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas