GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As resolucións expedidas polas Oficinas de Estranxeiría especificarán os seus plenos efectos sen prexuízo da obtención da Tarxeta de Identificación de Estranxeiro

(01/12/2020)

As resolucións expedidas polas Oficinas de Estranxeiría especificarán os seus plenos efectos sen prexuízo da obtención da Tarxeta de Identificación de Estranxeiro



gente paseando

 

Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

30/11/2020


-O obxectivo desta medida é trasladar tranquilidade ás persoas que se atopen á espera de obter cita para o trámite de pegadas ou de expedición da TIE


-Lémbrase así que os cidadáns que se atopan á espera dunha cita poden utilizar esa resolución que xa recibiron para os trámites nos que necesite acreditar a súa autorización de residencia ou traballo

 

A Secretaría de Estado de Migracións, en coordinación co Ministerio de Interior, impulsou unha serie de accións para protexer a seguridade xurídica das persoas extranxeiras. A través dun recordatorio que figurará nas resolucións que expiden as Oficinas de Estranxeiría, subliñarase que a mera tenencia da devandita resolución produce plenos efectos fronte á administración e fronte a terceiros, e a súa eficacia non se atopa condicionada á obtención da Tarxeta de Identificación de Estranxeiro (TIE).

Esta iniciativa do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións permitirá que, durante o período de tempo que transcorre entre que o cidadán recibe a resolución da Oficina de Estranxeiría e o momento en que obtén a TIE, as persoas estranxeiras poidan continuar utilizando o documento expedido pola Oficina de Estranxeiría (que deberá ser presentado na Comisaría para proceder á obtención da Tarxeta) para poder facer valer ante terceiros os dereitos inherentes a esa autorización.

O obxectivo desta medida é trasladar tranquilidade ás persoas que se atopen á espera de obter cita para o trámite de pegadas ou de expedición da TIE, lembrando que aínda que obter a TIE é un dereito e unha obrigación para o cidadán, poderán utilizar esa resolución que xa recibiron para os trámites nos que necesite acreditar a súa autorización de residencia ou traballo, tanto fronte á administración como fronte a terceiros. A obtención da Tarxeta de Identificación de Estranxeiro (TIE) é un dereito e unha obrigación para aqueles estranxeiros aos que se teña expedido un visado ou unha autorización para permanecer en España por un período superior a seis meses.

O Ministerio solicitou ás Oficinas de Estranxeiría que reflictan, a partir de agora, esta especificación en todas as resolucións de concesión, tanto iniciais como de autorizacións prorrogadas ou renovadas. Así mesmo, esta información reflectiuse expresamente na páxina web da Sede electrónica da Secretaría de Estado de Administracións Públicas nos trámites de toma de pegadas, expedición de tarxeta e renovación de tarxeta de longa duración.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas