GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta participa na entrega de 'compostelas' no marco dos actos da celebración do “Bos Aires Celebra Galicia”

(09/10/2017)

A Xunta participa na entrega de 'compostelas' no marco dos actos da celebración do “Bos Aires Celebra Galicia”

 

As 'compostelas' foron entregadas aos mozos e mozas participantes no programa posto en marcha polo goberno galego “Conecta con Galicia 2017”. 

 

Os actos congregaron a miles de galegos e galegas da colectividade arxentina na avenida de maio bonaerense. 

 

Bos Aires, 8 de outubro de 2017.

Listen to this page using ReadSpeaker

 

Las 'compostelas' fueron entregadas a los chicos y chicas participantes en el programa puesto en marcha por el gobierno gallego “Conecta con Galicia 2017”

As 'compostelas' foron entregadas aos mozos e mozas participantes no programa posto en marcha polo goberno galego “Conecta con Galicia 2017”. 

 

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez-Miranda participaron na entrega das 'compostelas' ás e aos participantes do programa “Conecta con Galicia 2017”, no marco dos actos conmemorativos do Bos Aires Celebra Galicia.

 

O programa “Conecta con Galicia 2017” está dirixido a descendentes de galegas e galegos para que poidan visitar a nosa comunidade mediante estadías temporais e ten como obxectivo que a mocidade da diáspora coñeza de primeira man a realidade galega e incluso poder coñecer a familiares que se atopan vivindo na nosa comunidade.

 

No acto participaron o embaixador de España, Francisco Javier Sandomingo, o cónsul xeral de España, o director xeral de Migracións e diversas autoridades do Goberno arxentino como a subsecretaria de dereitos humanos e pluralismo cultural do Goberno de Bos Aires, Pamela Malewic.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2017
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas