GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral de Emigración incrementa un 21,7% o seu orzamento para o próximo ano

(25/11/2020)

A Secretaría Xeral de Emigración incrementa un 21,7% o seu orzamento para o próximo ano


Crónicas da EmigraciónE. C., Vigo | 24 de novembro de 2020


Valeriano Martínez y Miguel Santalices, durante el encuentro en el Parlamento para la entrega de los Presupuestos 2021

Valeriano Martínez e Miguel Santalices, durante o encontró no Parlamento para a entrega dos Orzamentos 2021


O orzamento para o ano 2021 da Secretaría Xeral de Emigración ascende a un total de 16.439.118 euros, o que supón un incremento do 21,7% respecto as contas do pasado ano, segundo se recolle no Proxecto de Orzamentos entregado polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices.

O incremento no orzamento destinado a Emigración está 7 puntos por encima do aumento total dos orzamentos de Galicia que se sitúa no 14% ata alcanzar os 11.463 millóns de euros, “o maior orzamento da historia da Comunidade Autónoma”, asegurou o presidente Feijóo, tras a aprobación das contas do 2021 polo Consello da Xunta.

Un dos eixos principais do orzamento do 2021 é o apoio ao retorno que nalgunhas partidas duplícase respecto as contas do pasado ano como é o caso da destinada ao fomento do autoemprego e da actividade emprendedora dos emigrantes retornados que pasa de contar con 400.000 a 800.000 euros. Tamén se incrementan as axudas aos retornados que no actual contexto de crise pasan de 1,9 a 2,2 millóns de euros, o que supón un aumento do 15,8%.

Nesta estratexia de fomento do retorno hai que incluír as BEME (Bolsas Excelencia Mocidade Exterior) que continúan crecendo en canto ao orzamento, xa que contarán con 1.540.000 euros, o que supón un incremento do 19,3% respecto ao pasado ano. En todo caso, hai que lembrar que este proxecto comezou no ano 2017 cun orzamento de 500.000 euros.

A partida máis elevada do departamento que dirixe Rodríguez Miranda é a de accións políticas migratorias que ascende a un total de 3.324.000 euros mentres que este ano contaba cun total de 2,8 millóns de euros.

Tamén rexistra un importante incremento a partida para as entidades no ámbito migratorio que pasa de 1,8 a 2,3 millóns de euros, mentres que a contía destinada á conservación, obras, equipamentos e infraestruturas das institucións do exterior mantense en 600.000 euros.

O capítulo de actuacións derivadas da Lei de Galeguidade, que inclúe a realización de programas como Reencontros, Conecta e Escolas Abertas, ascende a 2.145.653, o que supón un incremento do 8%.

Pola súa banda, as accións de sensibilización no ámbito migratorio manteñen o seu orzamento de 56.000 euros.

Unha vez que os orzamentos foron entregados ao presidente Santalices, comezan o seu trámite parlamentario para debaterse e aprobarse, coa maioría absoluta do PP, no Pleno de finais de xaneiro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas