GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os retornados xa poden pedir un certificado para abonar a débeda tributaria dos anos fiscais en Alemaña

(24/11/2020)

Os retornados xa poden pedir un certificado para abonar a débeda tributaria dos anos fiscais en Alemaña

 

Crónicas da Emigración

Redacción, Ourense | 23 de novembro de 2020


Os socialistas de Ourense informan de que os retornados procedentes de Alemaña xa poden solicitar o certificado para abonar a débeda tributaria dos anos fiscais naquel país.

O secretario provincial de Emigración desta formación política, Luís Gulín, foi informado por parte da Axencia Tributaria de Alemaña (Finanzamt Neubrandenburg, entidade que xestiona o pago do 5% do IRPF das pensións alemás que se abonan no exterior, que os retornados xa poden solicitar un certificado para abonar a débeda tributaria dos anos fiscais reclamados por Alemaña. “Este certificado será remitido por primeira vez en español”, sinala Gulín que tamén lembra que no mesmo “consta a cantidade abonada, o ano fiscal correspondentes e a data de pago do contribuínte”.

Con este servizo, o Finanzamt Neubrandenburg quere facilitar aos emigrantes retornados de Alemaña unha mellora na comunicación coa Axencia Tributaria de España. Segundo constatou Gulín en conversacións telefónicas con técnicos do organismo alemán, “o Finanzamt Neubrandenburg ten centenares de queixas e protestas pola xestión da Axencia Tributaria de España co tema do pago do 5% da pensión alemá, moitas delas baseadas en que as oficinas da axencia tributaria española alegan descoñecer que facer con eses trámites, circunstancia que causa gran sorpresa nos alemáns ao dispoñer a web do Finanzamt Neubrandenburg de toda a información en varios idiomas, entre eles o español”

Por parte do organismo alemán anímase aos retornados a enviar as súas queixas, preferentemente en alemán, a Koordinierungstelle Deutschland- Spanien, Finanzamt Neubrandenburg, Postfach 1101140, 17041 Neubrandenburg (Alemaña)

Posteriormente ese equipo de coordinación, que supervisa o convenio hispano alemán para evitar a dobre imposición, remitirá á Axencia Tributaria de España un resumo das queixas e melloras a realizar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas