GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Pobra estreou a primeira residencia para emigrantes

(23/11/2020)

A Pobra estreou a primeira residencia para emigrantes

 

Actualmente as instalacións contan con 31 prazas

 

Imagen de archivo de usuarios en uno de los salones de la residencia de A Pobra 

Imaxe de arquivo de usuarios nun dos salóns da residencia da Pobra


22/11/2020

 

 

Na actualidade dá cabida a persoas de distintos lugares, pero nas súas orixes, a residencia de maiores A Pobra foi concibida para dar acubillo a emigrantes xubilados. De feito, foi a primeira instalación con esa finalidade que se inaugurou en Galicia, tal día como hoxe en 1984.

Hai 34 anos, o conselleiro de Cultura e Benestar era Alejandrino Fernández, e el foi o encargado de descubrir a placa conmemorativa coa que se deu por inaugurado un centro que, naquel momento, contaba con só tres residentes. Nos próximos días esperábase a chegada doutros tres usuarios procedentes de Arxentina.

 

 

Xunto ao conselleiro estaba o alcalde Durán Casais, que xa entón abría as portas da residencia pobrense «a todos os habitantes da comarca». E así foi. Aínda que nun principio estaba pensada para acoller a emigrantes xubilados, na actualidade as 31 prazas dispoñibles no centro están ocupadas por maiores, non só de Barbanza, senón de distintos puntos de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas