GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Fundación España Saúde recibirá 827,97 euros anuais por cada un dos 2.743 beneficiarios estimados en 2020

(09/11/2020)

A Fundación España Saúde recibirá 827,97 euros anuais por cada un dos 2.743 beneficiarios estimados en 2020


Crónicas da Emigración

Redacción, Madrid | 6 de novembro de 2020


O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou, este venres 6, a resolución do 28 de outubro de 2020 pola que se publica a adenda ao convenio entre a Dirección Xeral de Migracións e a Fundación España Saúde (FES), para a prestación de asistencia médica subvencionada aos emigrantes españois residentes en Venezuela que carezan de recursos suficientes. A FES recibirá 827,97 euros anuais por cada un dos 2.743 beneficiarios estimados en 2020.

Con data 18 de setembro de 2019, o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social (Dirección Xeral de Migracións) e a Fundación España Saúde, a través do director do seu Comité de Dirección, subscribiron un convenio de colaboración sobre a prestación de asistencia médica subvencionada aos emigrantes españois residentes en Venezuela que carezan de recursos suficientes. Na cláusula quinta do mencionado convenio establécense as contías e a forma de pago referidos a esa anualidade, polo que dita cláusula debe ser actualizada para o ano 2020.

O importe correspondente a abonar á Fundación España Saúde será para o ano 2020 de 827,97 euros anuais por persoa residente en Venezuela, sendo 2.743 o número estimado de beneficiarios, no que se inclúen aos ‘Nenos da Guerra’.

A regularización das altas e baixas dos beneficiarios incluídos no convenio poderase realizar dentro do ano en que se produzan. Se unha vez regularizadas as altas e baixas de cada período o importe que corresponde abonar á entidade aseguradora fose inferior ao previsto na adenda, a entidade incluirao na factura do seguinte período, facendo constar a regularización e o desconto.

Se o importe anual que houbese de abonarse á entidade excedese do importe anual previsto na adenda, estimado en función do número de beneficiarios, o incremento que se produciu poderá regularizarse dentro do período anual e liquidarse á entidade en factura independente.

No caso que finalizase a vixencia do convenio coa entidade, deberase reintegrar ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social o importe que se abonou en exceso.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas