GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O 16 de novembro finaliza o prazo para solicitar as axudas aos galegos do exterior en situación excepcional de emerxencia

(06/11/2020)

O 16 de novembro finaliza o prazo para solicitar as axudas aos galegos do exterior en situación excepcional de emerxencia


Crónicas da Emigración

Redacción, Santiago | 5 de novembro de 2020


O próximo 16 de novembro finaliza o prazo para solicitar as axudas dirixidas a persoas emigrantes de nacionalidade española e orixe galega, residentes no exterior, que carezan dos recursos económicos necesarios para atender situacións sobrevindas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial, e que necesiten dunha actuación urxente.

Este programa que desenvolve a Secretaría Xeral de Emigración busca atender, de modo prioritario, as situacións de necesidade e dificultade que se están producindo en moitos países como consecuencia da actual pandemia do Covid-19. Con este obxectivo, o programa conta cun orzamento de 200.000 euros que se poderá triplicar se fose necesario.

Trátase de apoios con carácter persoal e intransferible, que non orixinan ningún dereito subxectivo para as persoas beneficiarias, e incompatibles con calquera outra das reguladas pola Secretaría Xeral de Emigración ou organismos públicos para os mesmos conceptos. A contía adaptarase á situación social e de necesidade das persoas beneficiarias.

Os requisitos para obter unha destas axudas é carecer de rendas, ingresos e patrimonio para facer fronte á situación descrita, e acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevindas nun tempo próximo ao da solicitude (como máximo nos últimos doce meses) e que pola súa gravidade requiran unha actuación urxente.

Paliar situacións de marxinación social ou dependencia

Entre as razóns especificadas para solicitar estas axudas está, por exemplo, a de atoparse no exterior en situacións de marxinación social ou de tal grao de dependencia que a persoa solicitante non se poida valer por si mesma e non teña cuberta a necesidade de atención por ningún medio. Ou sufrir situacións derivadas da perda, inadecuación ou dotación básica da vivenda habitual ou familiar, e carecer de medios para paliar esta situación.

Esta convocatoria tamén ampara situacións derivadas de problemas perentorios referidos á alimentación, vestido, educación e outros de natureza análoga non cubertos polos diferentes sistemas de protección nacionais dos países nos que reside a persoa beneficiaria, ou as situacións derivadas de problemas sanitarios graves cuxo tratamento non estea debidamente cuberto ou con respecto dos cales a súa atención no Estado español supoña unha vantaxe significativa.

Igualmente, quedan cubertas por esta convocatoria as situacións sobrevindas derivadas de graves catástrofes naturais ou outras causas que provoquen a perda ou grave deterioración da vivenda habitual e do enxoval, e aqueloutras situacións de carácter social, asistencial ou humanitario que deriven na necesidade dunha intervención urxente.

Trátase dunha iniciativa da que pode resultar beneficiaria calquera persoa emigrante galega, así como os descendentes en primeiro grao, que posúan a condición de galegos residentes no exterior, de acordo co establecido legalmente para este recoñecemento.

A convocatoria destas axudas pódese consultar:https://emigracion.xunta.gal/actividade/lina-de-axuda/axudas-emerxencia-social-ano-2020

 

Os modelos normalizados de solicitude poderán obterse nas páxinas web:https://sede.xunta.gal y http://emigracion.xunta.gal.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas