GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O PSOE de Ourense escoita as queixas pola tributación dos retornados

(05/11/2020)

O PSOE de Ourense escoita as queixas pola tributación dos retornados


Luis Gulín, a la derecha de la foto

Luís Gulín, á dereita da foto


A Rexión Internacional 04/11/2020

 
A secretaría provincial de Emigración do PSOE de Ourense recibiu durante os meses de setembro e outubro numerosas peticións de información por parte dos emigrantes retornados, preocupados polas obrigacións de tributar.

Retornados de Galicia, Zamora, Albacete, Toledo, Almería, Málaga ou Cáceres recorreron aos socialistas ourensáns para liquidar dúbidas e recibir asesoramento á hora de tratar coa Axencia Tributaria.

"En especial, os emigrantes retornados de Alemaña seguen expondo queixas sobre o trato desigual que reciben por parte da Axencia Tributaria no tema do recoñecemento como gastos deducibles respecto das súas achegas obrigatorias ó seguro de asistencia sanitaria e seguro de dependencia", sinala o secretario de Emigración, Luís Gulín.

Ante as discrepancias xurdidas nos criterios de tributación, Gulín pediu aos parlamentarios socialistas que interpelen aos responsables da Axencia Tributaria sobre estes procedementos, continuando así o traballo dos últimos meses.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas