GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaria de Estado de Migracións comparecerá no Congreso para explicar os cambios na concesión de axudas aos españois no exterior

(03/11/2020)

A Secretaria de Estado de Migracións comparecerá no Congreso para explicar os cambios na concesión de axudas aos españois no exterior



La Secretaria de Estado de Migraciones, Hanna Jalou, durante la presentación de los presupuestos de su departamento para 2021.

A Secretaria de Estado de Migracións, Hanna Jalou, durante a presentación dos orzamentos do seu departamento para 2021.


A Rexión Internacional 03/11/2020 .

 

A Secretaria de Estado de Migracións comparecerá o vindeiro venres no Congreso dos Deputados para explicar os cambios que o seu departamento poñerá en marcha nos orzamentos do ano que vén, no relativo a concesión de axudas aos españois no exterior.

Hana Jalloul adiantaba o pasado venres durante a presentación das contas do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, que o orzamento do seu departamento para 2021 alcanzará un total de 61 millóns de euros, o que supón un incremento dun 3%, respecto ao ano e en curso. E isto, a pesar da supresión dalgunhas partidas como o programa de axudas para obras e equipamentos dos centros ou as axudas á UNED, así axudas extraordinarias aos retornados ou os programas de Comunicación, como viñeron alertado os receptores destas partidas.

Jalloul asegurou que se subiu a dotación de moitos programas e negou que se suprimiron outros. “En canto ás axudas para emigrantes dos orzamentos de 2020 pasamos de 57 millóns a 59, co cal hai un incremento desa partida. Priorizouse a atención ás persoas máis vulnerables, tanto aos residentes no exterior así como aos retornados, mantense a dotación por razón de necesidade, as axudas extraordinarias para emigrantes, as pensións a nenos da guerra e a asistencia sanitaria a países con sistemas sanitarios máis deficientes”, asegurou.

 

Presupuestos Migraciones 2020


A Secretaria de Estado de Migracións, afirmou que “non só mantemos se non que incrementamos esas partidas. A contía destinadas ás pensións asistenciais para retornados, soben de 1, 7 millóns a 6,7 e respecto ao programa de subvencións, priorizar a atención ás asociacións de españois no exterior e aos centros que atenden a maiores e dependentes”.

No relativo á supresión da partida destinada ao plan especial de atención sociosanitaria dos españois en Venezuela, Jaloull dixo “temos o programa de asistencia sanitaria para maiores de 65, que funciona moi ben, e aumentamos esa dotación. Se houbo algún cambio nalgunha partida foi porque subiron o número de beneficiarios e tivemos que priorizar aos nosos pensionistas en todas as partes do globo”.

Así mesmo, e respecto ao programa de Comunicación, Jalloul, aclarou que “o cambio que vai haber é que se vai a centralizar este tipo de accións no Gabinete de Comunicación do Ministerio. Simplemente vaise a cambiar a forma de operar con este tipo de proxectos de investigación, pero en ningún caso recortalos”.

Finalmente a titular de Migracións destacou que para o departamento que dirixe, os españois no exterior son prioritarios. "Non só falamos e pensamos nos inmigrantes que veñen ao noso país. Temos en marcha iniciativas moi importantes como a dixitalización e o achegamento destas persoas á Secretaría de Estado de Migracións, para que teñan a atención que se merecen”, sentenciou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas