GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Varios CRE'S de Europa organizan o encontro "Migracións durante as crises económicas e como defendernos", aberto á participación de emigrantes, e organizacións

(02/11/2020)

Varios CRE'S de Europa organizan o encontro "Migracións durante as crises económicas e como defendernos", aberto á participación de emigrantes, e organizacións

 



A Rexión Internacional 30/10/2020

 

O sábado 14 de novembro organizarase un evento co título: Migracións durante as crises económicas e como defendernos, e que estará aberta á participación de emigrantes, e organizacións.

Os Consellos de Residentes de Países Baixos, Irlanda, Montpellier, e Norte de Reino Unido, xunto á Fundación 1 de maio, e co apoio de listas candidatas ao consello de residentes en Londres e Manchester, reuníronse para elaborar un programa e distribuír traballo para este evento, e esperamos futuros eventos periódicos, presentando unha fronte común en Europa de CREs apartidistas e con intención de incrementar e mellorar como traballamos.

O evento terá como máximo dúas horas de duración, e as presentacións curtas propostas son:

- Emigración española no período por crise 2014-2018- Fundación 1º de Maio -Ana Fernández Asperilla

- Dereitos Laborais - CRE Países Baixos – Fernando Berraquero

- Aulas ALCE - CRE Irlanda – Leticia Medina

- Emigración e precariedade -Oficina Precaria Escocia - Nuria Fraile

- Dereitos Civís e Brexit - CRE de Reino Unido – Mari Cruz García - Yolanda Fuentes

- Emigración e representación - Conselleiro por Reino Unido no CGCEE –David Casarejos

Á parte de informar á poboación e crear un foro de discusión dos nosos problemas como emigrantes en Europa, é un obxectivo principal deste grupo o servir como apoio e trampolín para que máis emigrantes sómense a crear Consellos de Residentes, con varios obxectivos como serian:

- Asegurarnos presenza en Alemaña onde non hai ningún CRE

- Incrementar o número de CREs que hai agora mesmo en Francia e onde podería haber ata 10 CREs

- Non perder CREs en Italia, onde Xénova desparecerá e buscamos que Milán pase a ter un CRE

- Explorar a posibilidade de crear CREs por primeira vez noutros países europeos, tras consolidar os que existen 

No Reino Unido xa están en marcha para pasar de 1 a 3 Consellos de Residentes, e co calendario da man e se non hai incremento temporal no mandato do CGCEE e os CREs, estas eleccións deberían ter lugar en 2021.

Para máis información e axuda creamos un punto de contacto: creseneuropa@gmail.com 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas