GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta apoia as mulleres galegas retornadas dentro do plan Emega de apoio ao emprendemento feminino

(27/10/2020)

A Xunta apoia as mulleres galegas retornadas dentro do plan Emega de apoio ao emprendemento feminino

A iniciativa ten como obxectivo axudar ao colectivo feminino á posta en marcha e reactivación de proxectos empresariais, incluíndose unha liña complementaria para apoiar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

 

Na edición deste ano beneficiáronse un total de 197 iniciativas en toda Galicia que permitirán crear ou manter 324 postos de traballo.

 

O programa Emega é unha das máis de medio cento de medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

O programa Emega é unha das máis de medio cento de medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020.

 

A Xunta de Galicia vén de resolver as axudas do programa Emega destinado a apoiar a posta en marcha e a reactivación de proxectos empresariais desenvolvidos por mulleres, entre outras, as galegas emigrantes retornadas.

 

Trátase de fomentar o emprendemento feminino e impulsar outras medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e servizos de asesoramento cos que facilitar a implantación e a consolidación de proxectos liderados por mulleres.

 

Coas axudas deste ano, a Administración autonómica apoia 197 iniciativas empresariais de mulleres, o que permite a creación ou mantemento de 324 postos de traballo. A resolución destas axudas publícase hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

 

O programa consolídase como unha medida para promocionar a participación das mulleres no mercado de traballo e aproveitar o seu potencial para crear novas oportunidades de negocio. A finalidade última é que aquelas mulleres que teñan unha idea poidan materializala e contribúan, ao mesmo tempo, a xerar riqueza e novos postos de traballo.

 

A Consellería de Emprego e Igualdade destinou este ano 2.120.000 euros a esta actuación, que está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, a través do programa operativo do FSE Galicia 2014-2020. O investimento inclúe a liña complementaria para apoiar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

 

Este ano, como novidade, reforzáronse as axudas da liña ‘Activa’, dirixida á reactivación e a consolidación de empresas a través de incentivos para a renovación, a ampliación ou o cambio de localización cos que paliar unha situación económica adversa, agravada como consecuencia da crise sanitaria da covid-19. Con esta liña específica preténdese garantir a pervivencia das empresas no actual contexto derivado da pandemia. Por iso, flexibilizáronse os criterios de acceso sen que se requirira que o negocio tivera máis de tres anos ademais de valorarse o emprego mantido neste período.

 

Ademais da liña ‘Activa’, o programa Emega implementa outras tres liñas específicas: a ‘Emprende’, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e crear emprego feminino estable por conta propia ou allea; a ‘Innova’, para fomentar a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade de empresas constituídas por mulleres; e a ‘ITEF’, para promocionar iniciativas empresariais con contido científico ou base tecnolóxica promovidas por mulleres.

 

A maiores, establécese a axuda complementaria ‘Concilia’, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nas súas dúas modalidades: a destinada a promotoras e para persoas traballadoras por conta allea.

 

Contía das axudas

 

A contía das axudas depende da liña solicitada e do número de postos de traballo xerados para mulleres, tanto por conta propia como por conta allea. Así na ‘Emprende’ oscilan entre os 8.000 e 20.000 euros; na ‘Innova’, entre 12.000 e 20.000 euros; na ‘Activa’, entre 6.000 a 15.000 euros; e na ‘ITEF’, entre 16.000 e 40.000 euros.

 

No caso das axudas complementarias da liña ‘Concilia’, os incentivos son de 3.000 euros por empresa na modalidade Concilia-promotoras e dun máximo de 5.000 euros na de Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas