GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

ABANCA renova o seu acordo de colaboración co Arquivo de Indianos - Museo da Emigración

(21/10/2020)

ABANCA renova o seu acordo de colaboración co Arquivo de Indianos - Museo da Emigración





A Rexión Internacional 21/10/2020


Na espectacular "Quinta Guadalupe", sede da Fundación Arquivo de Indianos – Museo da Emigración, tivo lugar o acto de firma de renovación do convenio de colaboración con ABANCA no que participaron Francisco Rodríguez García, presidente da Fundación Arquivo de Indianos, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA e vicepresidente 3º da Fundación Arquivo de Indianos - Museo da Emigración, e Antonio Suárez Gutiérrez, presidente da Asociación de Amigos do Arquivo e Museo da Emigración.

Desde o ano 2019 ABANCA participa directamente nas actividades e na promoción dos fins fundacionais da Fundación Arquivo de Indianos – Museo da Emigración, e na captación de fondos documentais para o seu arquivo. Igualmente promóvese a súa dixitalización para a súa posta a disposición, a través da web institucional, de todos os investigadores interesados no estudo do fenómeno da emigración a América.

Tanto a Asociación de Amigos do Arquivo e Museo da Emigración como ABANCA renovaron neste acto os seus compromisos cos obxectivos sociais e culturais da Fundación Arquivo de Indianos – Museo da Emigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas