GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Dous terzos dos concellos rexistran máis chegadas de habitantes que saída de emigrantes

(19/10/2020)

Dous terzos dos concellos rexistran máis chegadas de habitantes que saída de emigrantes

 

O saldo migratorio de Galicia resulta positivo en 2019, cun incremento da poboación por este motivo de 17.747 cidadáns

18.10.2020 | Faro de Vigo

 

 

Xente descansando nun parque.

 

 

Inmersa nunha profunda crise demográfica desde hai décadas, a única forma que ten Galicia de gañar poboación é mediante a chegada de novos cidadáns, tanto procedentes doutras comunidades autónomas como do estranxeiro. A condición de que, obviamente, que os que se marchen non os superen en número. É o chamado saldo migratorio. O pasado ano volveu ser positivo, sumando 17.747 persoas máis ao padrón, que é a diferenza entre os novos residentes que chegaron a comunidade doutras demarcacións xeográficas e os que emigraron. Parece consolidarse así unha tendencia iniciada no ano 2016 e que non deixa de ir en aumento. Pero este comportamento non é igual en todo o territorio galego. O saldo migratorio positivo dáse en 203 concellos. Nos outros 110 -un terzo-, durante o pasado ano marcháronse máis persoas das que chegaron para quedar a vivir, o que contribuíu a profundar o seu deserto demográfico, xa que polo xeral son ademais concellos onde apenas se rexistran nacementos.

 

O municipio que rexistrou un maior abandono relativo de cidadáns de entre 16 e 64 anos de idade que decidiron cambiar o seu lugar de residencia foi o ourensán de Avión, cunha taxa de inmigración de 107 por mil habitantes, segundo os datos recolleitos polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Séguenlle os da Bola (94,6 por mil), Muiños (89), Beariz (83), A Lama (80,9), Ramirás (78) ou San Amaro (76).

 

Por contra, tamén foron concellos de pequeno tamaño e do ámbito rural os que máis inmigrantes (de entre 16 e 64 anos) recibiron, en proporción á súa poboación. Á cabeza sitúase Qintela de Leirado, con 107 entradas por mil habitantes, seguido de Xunqueira de Ambía (94,5), Punxín (91,8), A Bola (91,3) e Pereiro de Aguiar (87,5).

 

En canto ao saldo migratorio total, a diferenza entre as persoas que chegaron e as que se foron, os resultados máis negativos en proporción á súa poboación corresponden a Avión, cun balance negativo de 53 persoas (-33,3 por mil), algo por encima de Calvos de Randín (-25,4) ou Pedrafita (-21,7). Por contra, sempre en función do seu padrón, os que mellores números presentaron en 2019 foron os de Chandrexa de Queixa (46,3) e Quintela de Leirado (37,8).

 

En termos absolutos, a provincia de Pontevedra gañou 5.444 habitantes ao acoller a máis cidadáns que os que emigraron. Na da Coruña a cifra elevouse a 8.376, mentres que na de Ourense baixou a 2.119 e na de Lugo, a 1.808. En canto ás cidades, os mellores números correspondes á Coruña, cun saldo positivo de 2.884 habitantes, seguido de Vigo con 2.481. As demais urbes están xa por baixo do milleiro, aínda que en Ferrol non se chega ás 70.

 

No conxunto de Galicia, durante o trienio 2013-2015 foron máis as persoas que fixeron as maletas que as que chegaron. A partir de 2016, o saldo migratorio comeza de novo a ser positivo, aínda que só por 3.025 persoas. Nos dous anos seguintes, a cifra mellora sensiblemente (6.683 e 12.391, respectivamente), ata chegar aos 17.747 do pasado exercicio.

 

IGE sostén que desde 2017 o proceso migratorio está a favorecer, aínda que de maneira moi contida, o rexuvenecemento da poboación galega, dado que a media das persoas que chegan á comunidade para fixar a súa residencia é inferior ao das que saen. Durante 2019 os cidadáns que solicitaron na comunidade tiñan unha idade media de 36,1 anos -40 os españois e 32,5 os estranxeiros-, mentres que os que emigraron estaban nos 37,1 anos -37,9 os españois e 35,5 os foráneos-. Se se atende ao xénero, os homes eran un pouco máis novos que as mulleres.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas