GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia suma 1.913 novos rexistrados no CERA no que vai de ano e eleva o censo a un total de 462.812 persoas

(02/10/2020)

Galicia suma 1.913 novos rexistrados no CERA no que vai de ano e eleva o censo a un total de 462.812 persoas


Crónicas da Emigración

Redacción, Vigo | 1 de outubro de 2020


O CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes) continúa o seu ritmo ascendente e de xaneiro a agosto deste ano incorpora 1.913 novos rexistrados á súa lista pola comunidade galega, que contabiliza un total de 462.812 residentes no exterior.

O maior incremento deuse na provincia de Pontevedra, con 742 incorporacións, seguido da Coruña, que rexistra 619. En Ourense contabilízanse 328 novos censados e en Lugo, 224.

Das 462.812 persoas que ao 1 de agosto figuran no CERA polas catro provincias galegas, o maior número corresponde á Coruña, que pasa das 159.392 de xaneiro a 160.011. En segundo lugar sitúase Pontevedra, con 134.047 (tiña 133.305) e en terceiro lugar, Ourense, que ascende dos 100.880 a 101.208. Polo que respecta a Lugo, conta con 67.546, fronte aos 67.322 de xaneiro pasado, e é a provincia galega con menor presencia de rexistrados neste censo.

Atendendo ás capitais de provincia, A Coruña, con 266, é a que contempla unha maior subida de novos censados e rexistra un total de 28.782. Séguelle Pontevedra, con 150 (14.737), Ourense, con 96 (22.695) e Lugo, que rexistra 47 incorporacións e arroxa unha cifra de 11.720 censados. Santiago suma 82 e sitúase en 11.357 persoas na lista do CERA.

Entre as principais cidades galegas con maior número de censados destaca Vigo cun total de 21.530 censados e 219 novas incorporacións (69 máis que Pontevedra, a capital da provincia).

Outros municipios con notable presenza de cidadáns no exterior rexistrados neste censo pola provincia da Coruña son Carballo, que rexistra 5.247 (10 máis que en xaneiro); Ferrol, con 4.434 (24); Vimianzo, 4.089 (31); e Santa Comba, con 4.043, o que supón 21 máis que en xaneiro.

Por Pontevedra, sobresaen A Estrada, con 5.404 censados (nove máis que a comezos de ano); Lalín, con 4.947 (20); Gondomar, 3.495 (25); Ponteareas, 3.493 (18); Vilagarcía de Arousa, 3.298 (7); e Tui, con 3.115 persoas na lista, o que supón 10 máis que en xaneiro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas