GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A delegada da Xunta en Vigo puxo en valor o esforzo do Goberno galego en apoiar o retorno

(02/10/2020)

A delegada da Xunta en Vigo puxo en valor o esforzo do Goberno galego en apoiar o retorno


Crónicas da Emigración.

Redacción, Vigo | 2 de outubro de 2020


Un momento de la entrega de los diplomas a las participantes en el proyecto 'Gaia'.

Un momento da entrega dos diplomas ás participantes no proxecto 'Gaia'.


A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este xoves na entrega de diplomas das participantes do proxecto ‘Gaia’, posto en marcha pola Fundación Impulsarse. Unha iniciativa en favor da plena integración sociolaboral de mulleres inmigrantes e emigrantes retornadas na cidade que se completou tras tres meses de talleres nos que as alumnas coñeceron os procedementos que lles afectan directamente, tales como a súa regularización, as solicitudes de asilo ou os trámites administrativos máis comúns dada a súa condición. O apoio psicolóxico e a intermediación cultural foron outros dos asuntos que puideron abordar durante a súa formación.

Neste sentido, a representante autonómica avogou pola plena integración sociocultural e laboral de quen definiu como “a ponte cultural que nunca rompeu con países irmáns como os de Sudamérica; lugar de acollida de milleiros de emigrantes galegos que no seu día marcharon de Galicia na procura de novas oportunidades”.

Así, celebrou que programas como o Gaia, posto en marcha pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e financiado con fondos europeos, “sexan a mellor mostra dese esforzo realizado polo Goberno galego e fundacións como Impulsarse que traballan na vosa plena integración”, sinalou.

E tras lembrar que Galicia é a autonomía española coa maior taxa de retorno, Fernández-Tapias puxo en valor o esforzo do Goberno galego en apoiar o retorno, especialmente daqueles que viven en países en dificultades, a través de proxectos como o Gaia –con preto de 70 iniciativas de acollemento e orientación a mulleres migrantes e retornadas– ou a ‘ Estratexia Retorna’, con máis de 4,5 millóns de euros consignados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas