(24/09/2020)
O PSOE de Ourense promete aos inmigrantes integración
Luís Gulín (dereita) e Rafael Villarino (centro) reuníronse coa Unión de Dominicanos na sede do PSOE de Ourense.
A Rexión Internacional 21/09/2020
O secretario provincial do PSOE, Rafael Rodríguez Villarino; e o de Emigración e Inmigración, Luís Gulín; reuníronse coa directiva da Unión de Dominicanos para coñecer as súas necesidades e problemas da cidade, que conta con 600 deles no seu padrón e 1.500 en toda a provincia.
Os socialistas comprometéronse a crear "un consello municipal de integración onde as asociacións de inmigrantes ou entidades que traballan con eles, teñen voz e voto na vida municipal ourensá".
O colectivo demanda opcións para unha mellor formación para favorecer á súa inserción laboral, que traballan na axuda familiar, na atención á dependencia e na hostalería. Ademais, piden unha pista de softbol, que deriva do béisbol, e que é un dos deportes estrela no Caribe. Os dominicanos tamén sinalaron a situación de xenofobia e racismo na que viven algúns dos seus compatriotas no Couto, algo que rexeitan os socialistas.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas