GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda retoma a actividade á fronte da Secretaría Xeral da Emigración cunha reunión telemática cos e coas representantes dos galegos e galegas do exterior en América

(24/09/2020)

Miranda retoma a actividade á fronte da Secretaría Xeral da Emigración cunha reunión telemática cos e coas representantes dos galegos e galegas do exterior en América

O titular do departamento autonómico, acompañado polo delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, repasou a situación dos principais países do Novo Continente con maior presenza galega, entre os que se atopan algúns dos máis afectados polo coronavirus. 

 

Responsables de centros galegos da Arxentina, O Uruguai, Venezuela, O Brasil e Cuba expuxeron ao secretario xeral a súa realidade sanitaria e social.

 

O secretario xeral da Emigración, durante a reunión cos e coas representantes das entidades galegas

O secretario xeral da Emigración, durante a reunión cos e coas representantes das entidades galegas

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta en Bos Aires e Montevideo, Alejandro López Dobarro, retomou esta tarde a súa axenda pública ao fronte do departamento autonómico cunha videoconferencia cos e coas membros da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas en América, o órgano permanente de representación da colectividade galega no exterior. Responsables de centros galegos da Arxentina, O Uruguai, Venezuela, O Brasil e Cuba actualizaron a súa situación logo do avance da pandemia do coronavirus no continente, no que se atopan varios dos países máis castigados arestora pola covid-19.

 

O titular da Secretaría Xeral da Emigración, que tomou posesión do seu cargo o pasado luns para dar continuidade á súa xestión, que comezou en decembro de 2012, recibiu os parabéns das e dos representantes dos galegos no Novo Continente polo nomeamento, e lembroulles que “Galicia segue a estar ao voso carón nestes momentos tan difíciles, para entre todos poder superar esta crise e deixala atrás tan pronto as condicións o permitan”.

 

Trala renovación da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas en decembro de 2019, o órgano da emigración está integrado polo Centro Cultural y Deportivo Valle Miñor de Montevideo (O Uruguai), a Asociaçao Cultural Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago de Salvador de Baía (O Brasil), a Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas de Bos Aires (A Arxentina) e a Sociedad Cultural Rosalía de Castro da Habana (Cuba) por América. A estas entidades hai que engadirlles como membros natos do organismo a Casa de Galicia de Montevideo (O Uruguai) e a Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas) por contar con máis de persoas 20.000 asociadas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas