GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os nados fóra de España de pais ou nais, avoas ou avós españois poderán adquirir a nacionalidade

(17/09/2020)

Os nados fóra de España de pais ou nais, avoas ou avós españois poderán adquirir a nacionalidade


Crónicas da Emigración. Redacción, Madrid | 16 de setembro de 2020,

Carmen Calvo, durante la rueda de prensa posterior al Consejo de Ministros en el que se aprobó el anteproyecto.

Carmen Calvo, durante a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros no que se aprobou o anteproxecto.

 

O Consello de Ministros deste pasado martes aprobou o Anteproxecto de Lei de Memoria Democrática, que, entre outras cousas, dispón unha regra para a adquisición da nacionalidade española para nacidos fóra de España de pais ou nais, avoas ou avós.

No Capítulo III do Título II da normativa, referido a políticas integrais de Memoria Democrática, recóllense as medidas de reparación. Inclúense actuacións como a investigación dos bens expoliados durante a Guerra Civil e a Ditadura ou o recoñecemento e reparación das vítimas que realizaron traballos forzados. “Como medida reparadora das persoas que sufriron o exilio, disponse unha regra para a adquisición da nacionalidade española para nacidos fóra de España de pais ou nais, avoas ou avós, exiliados por razóns políticas, ideolóxicas ou de crenza. Os voluntarios integrantes das Brigadas Internacionais poderán adquirir a nacionalidade española por carta de natureza”.

O texto contén 66 artigos que se agrupan en 5 títulos, estruturados en torno ao protagonismo e a reparación integral das vítimas da Guerra Civil e a Ditadura, así como ás políticas de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición.

“O obxecto desta Lei –explica o Goberno– é o recoñecemento dos que padeceron persecución ou violencia, por razóns políticas, ideolóxicas, de conciencia ou crenza relixiosa, de orientación e identidade sexual, durante o período comprendido entre o golpe de estado de 1936, a Guerra Civil e a Ditadura franquista ata a promulgación da Constitución Española de 1978. Trátase de promover a súa reparación moral e recuperar a súa memoria e inclúe o repudio e condena do golpe de estado do 18 de xullo de 1936 e a posterior ditadura”.

A norma que arrinca agora a súa tramitación, a proposta do Ministerio da Presidencia, Relacións coas cortes e Memoria Democrática que dirixe a vicepresidenta primeira, Carmen Calvo, avanza na senda que xa abriu a lei de memoria histórica aprobada polo Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.

O texto tamén recolle que será causa de extinción de fundacións a apoloxía do franquismo ou a incitación directa ou indirecta ao odio ou violencia contra as vítimas do Golpe de estado, ao considerarse que son contrarias ao interese xeral, o que levará previsiblemente á ilegalización da Fundación Francisco Franco.

A este respecto, tamén contempla que as persoas ou organizacións que atenten, alenten ou toleren prácticas en contra da memoria democrática non poderán recibir subvencións, bonificacións nin prestarán axudas públicas.

Así mesmo, o anteproxecto declara ilegais, nulos e sen ningún efecto todos os consellos de guerra e demais procesos (coas sentenzas correspondentes) instruídos por causas políticas durante o réxime franquista, por exemplo, a do que fose presidente catalán durante a II República, e fusilado polo franquismo, Lluís Companys.

A vicepresidenta primeira xa avanzou a semana pasada que esta iniciativa tamén servirá para poñer en marcha un plan de exhumaciones sufragado con recursos públicos, recoñecendo así o dereito das vítimas e os seus familiares para investigar e coñecer os resultados das investigacións sobre o sucedido, e á identificación e sepultura digna, dando traslado ao Ministerio Fiscal os indicios de comisión de delitos que se aprecien ao realizar estas localizacións e identificacións.

Por outra banda, o anteproxecto contempla a creación dun censo de vítimas da Guerra Civil e a Ditadura –seguindo a recomendación das Nacións Unidas–; así como dun Banco Nacional de ADN de Vítimas da Guerra Civil e a Ditadura, para recibir e almacenar o ADN de vítimas e familiares, a fin de contribuír á identificación xenética das vítimas.

Tamén se creará unha Fiscalía de Memoria Democrática e Dereitos Humanos; revisaranse as distincións, condecoracións e títulos concedidos polo franquismo; e recuperarase o Val dos Caídos para a súa xestión por parte de Patrimonio Nacional e a súa resignificación para converterse nun lugar onde se expliquen os crimes do franquismo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas