GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A cuarta convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) incorpora dous novos países de procedencia ao programa da Secretaría Xeral da Emigración

(17/09/2020)

A cuarta convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) incorpora dous novos países de procedencia ao programa da Secretaría Xeral da Emigración

Rusia e os Países Baixos súmanse aos 25 Estados de residencia dos beneficiarios e beneficiarias desta iniciativa do Goberno galego.

 

A Arxentina, Venezuela, O Brasil, O Uruguai, México e Cuba encabezan, xunto a Galicia, os lugares de nacemento dos bolseiros e bolseiras.

 

Imaxe da entrega -en febreiro deste ano- de diplomas acreditativos á promoción 2019-2020 do programa de BEME

Imaxe da entrega -en febreiro deste ano- de diplomas acreditativos á promoción 2019-2020 do programa de BEME

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020.

 

A cuarta convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) vén de incorporar ao programa da Secretaría Xeral da Emigración dous novos países de procedencia aos 25 que foron integrando a listaxe de beneficiarias e beneficiarios das tres edicións anteriores. Así, un bolseiro residente ata agora en Rusia e outro que vivía nos Países Baixos súmanse á relación na que salientan Venezuela, A Arxentina, O Brasil e O Uruguai, entre outros, países dos que procederon un maior número de bolseiras e bolseiros desde a creación desta iniciativa por parte do Goberno galego, no ano 2017. 

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a listaxe definitiva dos 147 beneficiarios e beneficiarias da convocatoria do curso académico 2020/2021 das BEME, dos que 23 mozas e mozos naceron en Galicia e volven agora á Comunidade a seguir os seus estudos universitarios, cumprindo así un dos obxectivos prioritarios do programa. Neste grupo atópanse precisamente os dous bolseiros procedentes tanto de Rusia como dos Países Baixos.

 

Outras procedencias

 

Do resto de beneficiarias e beneficiarios, pola súa banda, 54 reside na Arxentina, 20 en Venezuela, 16 en México, 13 no Uruguai, 12 no Brasil, 10 no Reino Unido, 6 en Cuba, 3 en Chile e outras e outros 3 Alemaña, 2 en Portugal, 2 en Italia, e 1 en Canadá, Ecuador, Francia, Países Baixos, Rusia e Suíza, respectivamente. Delas e eles, 59 cursarán os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, 57 na Universidade de Vigo, e 31 na Universidade da Coruña.  

 

Respecto á idademedia das e dos beneficiarios desta cuarta convocatoria das Bolsas Excelencia mocidade Exterior, esta sitúase en 29 anos, malia que o grupo máis numeroso de persoas beneficiarias deste programa da Secretaría Xeral da Emigración é o que vai entre 22 e 30 anos de idade. Ademais, as mulleres volven concentrar o 56% das bolsas, mantendo un ano máis a tendencia iniciada xa no primeiro curso, o de 2017/2018.

 


Entre 7.000 e 11.574 euros

 

As e os beneficiarios deste programa deben ser galegas ou galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior, e estar admitido na preinscrición dalgún dos mestrados das universidades galegas. A bolsa, cuxo importe é de 7.000 ou 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aqueles e aquelas que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun presuposto total de ata 11.475 euros (en función do continente de procedencia do alumno ou alumna).

 

Este programa, incluído dentro da Estratexia Galicia Retorna posta en marcha pola Secretaría Xeral da Emigración, persegue incentivar o retorno das cidadás e os cidadáns galegos do exterior, non só das persoas emigradas, senón tamén das e dos seus descendentes, favorecendo a súa incorporación e a dos seus fillos e fillas nos centros de ensino secundario da comunidade, así como no sistema universitario de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas