GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os solicitantes de asilo poderán obter unha autorización de residencia sen renunciar ao seu status

(10/09/2020)

Os solicitantes de asilo poderán obter unha autorización de residencia sen renunciar ao seu status

 

A secretaria de Estado de Migracións, Hana Jalloul, responde favorablemente a unha recomendación impulsada polo Defensor do Pobo en 2017


Cola de personas en las puertas de la oficina de Extranjería, en Barcelona.
Cola de persoas nas portas da oficina de Estranxeiría, en Barcelona.Albert Garcia


O País Lucía Tolosa

Madrid - 08 sep 2020 -


Os solicitantes de asilo poderán obter unha autorización de residencia sen ter que renunciar ao seu expediente de demanda de protección internacional, como sucedía ata o de agora. Así o anunciou este martes a secretaria de Estado de Migracións, Hana Jalloul, que respondeu favorablemente á recomendación formulada polo Defensor do Pobo en 2017, na que se pedía a elaboración dunha instrución que clarificase a compatibilidade dos procedementos de asilo cos regulados pola lei de estranxeiría. A Secretaría de Estado de Migracións fixo chegar ao Defensor do Pobo unha misiva na que, amparándose no artigo 10.1 da Constitución Española, explica que “o deseño e implementación de políticas inclusivas esixe adoptar un enfoque flexible e personalizado”, capaz de situar “en primeiro lugar á persoa”.

Fai cinco anos que organizacións internacionais como ACNUR e diversas ONG españolas estaban a perseguir a implantación desta medida. Fontes da Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) corroboran que é unha reivindicación que levan anos facendo: ’‘Esa suposta incompatibilidade entre ambos os procedementos obrigaba a moitas persoas a renunciar á súa solicitude de asilo. E dada a dilatada resolución da maior parte dos casos, moitos terminaban renunciando ao seu dereito para ser recoñecidos como refuxiados’‘.

No escrito que o Defensor do Pobo trasladara á Secretaría de Estado de Migracións, insistíase en que as persoas refuxiadas son un grupo protexido polo dereito internacional. A recomendación que Hana Jalloul aceptou lembra, ademais, as complexas circunstancias que rodean os itinerarios de vida das persoas que chegan a España en calidade de solicitantes de protección internacional. En 2019, alcanzouse en España unha cifra récord de solicitudes de protección internacional,  cun total de 118.264 peticións formalizadas, segundo datos do Ministerio do Interior. Con todo, diminuíu a taxa de recoñecemento da condición de refuxiados, porque só o 5 % das peticións foron admitidas.

Fontes do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións consideran que a compatibilidade da solicitude de arraigamento e a de protección internacional “termina coa incerteza das persoas que se vían abocadas a unha situación de irregularidade sobrevinda’‘ e aseguran que, para eles, esta medida era ‘‘un asunto prioritario’’ que sacar adiante, xa que ’‘amplía as garantías de protección aos colectivos máis vulnerables’‘. E engaden: ’‘É unha medida moi relevante tanto para os menores non acompañados como para aqueles mozos extutelados, que mentres teñen a súa residencia poden solicitar a protección internacional e non ven os seus dereitos mermados coa posibilidade de caer en irregularidade sobrevinda ao cumprir os 19 anos sen poder xustificar o 400% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, subvencións ou o subsidio de desemprego (IPREM)’‘.

A pesar de que o procedemento de estranxeiría e o da protección internacional responden a dúas realidades diferenciadas, Hana Jalloul considera, baseándose no artigo 123 do regulamento de estranxeiría, que os solicitantes de protección internacional poden reclamar, por circunstancias excepcionais, unha autorización de residencia temporal por razón de arraigamento. A resposta emitida pola secretaria de Estado de Migracións determina, en consonancia co Defensor do Pobo e para garantir a protección dos solicitantes, que o feito de que un demandante de protección internacional pida unha autorización de residencia non poderá supoñer en ningún caso a súa renuncia ao procedemento. Así mesmo, dita solicitude de residencia por arraigamento en ningún caso poderá ser inadmitida a trámite.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas