GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Barbanza rexistra o mellor saldo migratorio dos últimos 30 anos

(10/09/2020)

Barbanza rexistra o mellor saldo migratorio dos últimos 30 anos

 

Durante o 2019 viñeron á comarca 411 persoas máis das que se foron

 

 


mazaricos / a voz 10/09/2020

 

Aínda que deberán pasar varios anos para que se confirme esta tendencia, todo apunta a que a área barbancesa podería estar ante o seu esperado rexurdir demográfico. Iso, polo menos, é o que invitan a pensar as cifras do saldo migratorio -diferenza entre os que chegan a un determinado territorio e os que se marchan do- rexistradas o pasado exercicio e que son as mellores que se contabilizaron nas tres últimas décadas.

 

De feito, son as primeiras que guindan un balance claramente positivo desde o ano 2009, anualidade na que a zona gañou 283 empadroados finalizando un período de seis exercicios consecutivos caracterizados pola chegada constante de persoas, principalmente do estranxeiro, atraídas polas crecentes ofertas laborais en ámbitos como o da industria e, principalmente, a construción.

 

Dos 11 municipios de Barbanza, de Muros e Noia marcháronse en 2019 un total de 2.807 persoas. Delas, tan só 861 -treses de cada dez- puxeron rumbo a outras comunidades autónomas españolas -582 apostaron por esta opción- ou se foron ao estranxeiro. O resto trasladou a súa residencia a outras comarcas de Galicia, e incluso un número significativo -case 700- optaron por cambiar de municipio dentro da mesma área xeográfica. Neste sentido, son notables os casos de Noia, Boiro e Ribeira, principais destinos da chamada emigración interna.

 

Todas estas saídas quedaron paliadas, con todo, pola chegada de 3.218 novos residentes que procedían na súa maior parte -1.498 en concreto- de diferentes puntos da provincia coruñesa, mentres que outros 362 viñeron do resto do territorio galego. No referente á inmigración exterior, case se repartiu a partes iguais entre os que tiñan a súa orixe noutras rexións españolas e os que chegaban directamente do estranxeiro a razón de 669 e 689 habitantes, respectivamente.

 

Os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística tamén realizan unha desagregación por entidades locais que evidencian un comportamento moi dispar entre uns e outros municipios.

 

Á cabeza

 

Así, mentres no lado positivo da balanza está Boiro, que logra 120 novos veciños, seguido de Noia, con 98, e Ribeira, con 88, no negativo sitúanse Lousame e Muros que perden 48 e 39 persoas, respectivamente. O resto de concellos móvense entre os 19 habitantes que gaña Mazaricos e os 74 de Porto do Son pasando polo medio centenar que rexistran Rianxo e Pobra. Outes e Carnota, pola súa banda, rexistran un equilibrio entre entradas e saídas de persoas durante o ano pasado ao contabolizar a diminución dun só empadroado.

 

Aínda que son varias as razóns que xustifican este cambio de tendencia, os expertos apuntan ao retorno de emigrantes -e incluso, en moitos casos, dos seus descendentes en segundo e terceiro grao- como unha das causas que maior peso ten sobre o saldo migratorio. De feito, segundo os datos da Xunta, unha de cada catro persoas que se instala en Galicia é retornada.

 

A caída na cifra de nacementos segue sendo un lastre para o crecemento demográfico

 

Aínda que a evolución experimentada polos movementos migratorios invita a un moderado optimismo, o territorio barbancés segue tendo un problema maiúsculo co seu crecemento vexetativo ou, o que é o mesmo, coa diferenza entre o número de nacementos e defuncións.

 

En apenas 40 anos, a área barbancesa pasou de ter o dobre de nados que de falecidos, tal como sucedía en 1975, ao escenario diametralmente oposto. De feito, durante o último ano rexistráronse tan só 629 alumeamentos, o que supón menos da metade das 1.399 defuncións nese mesmo período.

 

Neste sentido, ningún concello sálvase da queima sendo especialmente grave a situación que atravesan termos como Carnota ou Mazaricos onde, por cada nada nacemento, contabilizáronse seis defuncións; e especialmente Outes que o ano pasado rexistrou 144 defuncións por tan só a chegada de 14 bebés.

 

Un saldo vexetativo constantemente negativo como o que sofre o territorio barbancés tes graves consecuencias xa non só no que se refire á diminución da poboación senón tamén ao seu nivel de envellecemento.

 

En datos

 

3.218: Habitantes: Persoas chegadas a Barbanza no 2019, 300 máis que no 2018.

 

1.399: Falecidos: No 2019 contabilizáronse 629 nacementos, a metade dos falecidos.

 

36: Comarcas: Veciños de 36 comarcas galegas fixaron a súa residencia en Barbanza.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Novembro 2020
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas