(04/09/2020)
Os rexedores de Lalín, Silleda e Agolada coñecen inquietudes dos emigrantes
lalín / a voz 04/09/2020
Os rexedores de Lalín, Silleda e Agolada mantiveron na tarde noite do mércores unha videoconferencia con Arxentina na que participaron o presidente e directivos do Centro Lalín, Agolada e Silleda de Buenos Aires. Un encontro virtual para interesarse pola situación dos emigrantes dezáns no país latinoamericano, que segue confinado tras adoptarse hai meses esa medida para combater o coronavirus. Desde a capital bonaerense confirmáronlles que esta colectividade está a pasar dificultades e incluso necesidades polas consecuencias económicas da pandemia.
Esta videoconferencia permitiu achegar aos emigrantes dezáns e os seus alcaldes, tras suspenderse as visitas previstas tanto polo lalinense José Crespo como o silledense Manuel Cuíña para participar nas celebracións da Saleta e As Dores, en ambos os casos pola crise do coronavirus. Poderían retomarse no 2021, aproveitando que o centro de Buenos Aires dedicará un espazo á figura do expresidente Marcial Sánchez.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas