GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Provincial de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense edita un novo vídeo informativo onde se explica o sistema da pensión básica alemá

(02/09/2020)

A Secretaría Provincial de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense edita un novo vídeo informativo onde se explica o sistema da pensión básica alemá



Luis Gulín es el primero por la derecha

Luís Gulín é o primeiro pola dereita


A Rexión Internacional 01/09/2020

O PSdeG-PSOE de Ourense continúa co seu labor de asesoramento e de proporcionar información ao colectivo de emigrantes retornados de Alemaña sobre a pensión básica alemá.

A Secretaría Provincial de Emigración edita un novo vídeo informativo onde se explica o sistema da pensión básica alemá, un mínimo de pensión a xubilados con escasos ingresos.

Esta pensión básica entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2021 e á que teñen dereito as persoas residentes en España que perciban unha prestación de xubilación alemá. Pode alcanzar un complemento máximo de 400 euros ao mes a maiores da pensión de xubilación.

Esta pensión básica ten por obxectivo mellorar a situación das persoas con pensións baixas e garantir que teñan dereito a unha seguridade básica na vellez. Desde o organismo pagador, Deutsche Rentenversicherung, estímase que ao redor de 1,5 millóns de persoas terán dereito a esta pensión básica, principalmente mulleres que traballaron a tempo parcial e en empregos moi mal remunerados.

O colectivo de emigrantes retornados de Alemaña pode tamén beneficiarse desta nova medida, dado que os pagos tamén se efectuarán fóra do país xermano a condición de que as persoas cumpran os seguientes requisitos:

           a) Ser perceptor dunha pensión do estado alemán (xubilación, viudez, orfandade, incapacidade ou invalidez).

          b) Ter un mínimo de 33 anos cotizados na seguridade social en Alemaña. Se non se alcanza o mínimo tense en conta o tempo cotizado en España. Esta información solicitaraa a Deutsche Rentenversicherung de oficio á Seguridade Social española.

Os futuros beneficiados non teñen que facer ningún trámite. A propia Seguridade Social alemá poñerase en contacto coas persoas seleccionadas que terán que enviar unha copia da declaración da renda para calcular o nivel de ingresos. Inicialmente para os que fagan declaración de renda individual o límite de ingresos está establecido en 1250 euros ao mes, e para os que fagan declaración conxunta 1950 euros. Ter pensión española a maiores non é motivo excluínte; terase en conta na valoración como os intereses bancarios. As propiedades urbanas e rústicas non entrarán no cálculo da pensión básica.

Con todo, os asegurados deben estar preparados para o feito de que só recibirán o seu complemento de pensión máis adiante. A razón é principalmente a alta carga administrativa que leva a comprobación de ingresos.

A Deutsche Rentenversicherung asume que os novos pensionistas recibirán inicialmente a pensión básica a partir de mediados de 2021, e por suposto retrospectivamente desde xaneiro. Para as persoas que xa están xubiladas a data de hoxe, a concesión pódese atrasar aos primeiros meses de 2022, pero con dereito a cobrar os atrasos desde o 1 de xaneiro de 2021.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas