GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta apoia a contratación de 111 persoas para realizar tarefas de I+D+i en empresas e organismos de investigación

(11/08/2020)

A Xunta apoia a contratación de 111 persoas para realizar tarefas de I+D+i en empresas e organismos de investigación

O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a resolución da quinta edición do programa Principia destinado a impulsar a contratación de persoal de ata 35 anos e a impulsar o desenvolvemento da súa carreira profesional.

 

Ofrece axudas de 10.000 euros por contrato e, como novidade, un bono de formación de 1000 euros.

 

Esta iniciativa, á que se destinan preto de 1,2 millóns de euros, forma parte do programa Talento 2021, que busca xerar, reter e atraer 1500 profesionais a Galicia para actividades de I+D+i.

 

O programa Principia é unha das preto de 60 medidas comprendidas na Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

O programa Principia é unha das preto de 60 medidas comprendidas na Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2020.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a resolución da convocatoria 2020 do programa Principia a través do que a Xunta destina preto de 1,2 millóns de euros á contratación de 111 persoas en empresas e organismos de investigación. Impúlsase así a contratación de persoal mozo no sector público e privado e favorécese o desenvolvemento da súa carreira profesional.

 

Cunha inxección de fondos públicos de 1.171.000 euros favorécese a contratación de 111 persoas durante un período mínimo dun ano, para o que se outorgarán axudas de 10.000 euros por contrato. O 91% das persoas contratadas a través da edición deste programa serao por parte de empresas, mentres que o 9% restante incorporarase a organismos de investigación (universidades, centros tecnolóxicos, etc.). Respecto das empresas, o 50% son microempresas, o 41% pequenas ou medianas e un 9% grandes. Ademais, o 39% son empresas altamente tecnolóxicas ou innovadoras (isto é, dispoñen do selo peme innovadora ou son empresa de base tecnolóxica ou ambas).

 

Ademais, máis do 61% das contratacións apoiadas son de carácter indefinido e o salario medio dos empregados e empregadas será de 21.711€ brutos/anuais, por riba do salario mínimo establecido na convocatoria que ascendía a 19.000€. O 47% das e dos novos contratados carecen de experiencia laboral previa, un dato que pon de relevo que esta convocatoria supón unha primeira oportunidade de emprego de calidade no ámbito da innovación. Asemade, o 75% das contratacións bonificadas levan aparellado un plan de formación para a persoa contratada e un 56% solicitaron o bono de formación de 1000 euros que ofrecía como novidade o programa nesta edición.

 

En canto á súa distribución por xénero, o 53% das persoas contratadas son homes, fronte ao 47% de mulleres. Por último, a maioría das entidades beneficiarias (55%) non obtiveron axudas anteriormente a través deste programa, de tal xeito que se amplía a base de entidades que contan con persoal dedicado a tarefas de I+D+i co apoio da Xunta de Galicia.

 

En total, a través das cinco edicións desta iniciativa pioneira lanzada en 2016, tense permitido a contratación de 553 profesionais de ata 35 anos en actividades de I+D+i. Principia enmárcase no programa Talento 2021, impulsado pola Xunta de Galicia para xerar, reter e atraer 1500 profesionais a Galicia para actividades de I+D+i, estimándose a mobilización de preto de 47 millóns. Talento 2021 tamén inclúe accións como o programa Talento Sénior, que ten permitido a contratación de 36 profesionais de alta cualificación cunha traxectoria profesional de máis de cinco anos en tres edicións; Ignicia, que ten creado ou mantido máis de 120 empregos cualificados a través do apoio a proxectos de investigación con potencial de chegar ao mercado; Oportunius, centrado na atracción e retención de investigadoras e investigadores excelentes que ten contratado ata agora 3 gañadores de axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC); ou as axudas aos investigadores e investigadoras para desenvolver a súa carreira predoutoral e postdoutoral. En conxunto, a través destes programas, cúbrense todos os itinerarios laborais da innovación (desde a investigación pública á empresarial, nas modalidades júnior e sénior).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas