GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

FIC Vía XIV proxectará "Fillas de Galicia, Macorinas", documental sobre emigración

(10/08/2020)

FIC Vía XIV proxectará "Fillas de Galicia, Macorinas", documental sobre emigración

Establece analogías de mulleres galegas en Cuba coas inmigrantes

 
08.08.2020 | Faro de Vigo

 

 

Documental sobre mulleres galegas en Cuba e inmigrantes.

 

 

 

 

A próxima edición do FIC Vía XIV, Verín, acollerá a proxección do documental histórico Fillas de Galicia , Macorinas, dirixido por Xosé Lois Santiago "Pello" e Fran Naveira. Trátase dun traballo que conta a historia de explotación dunha parte da emigración feminina galega a Cuba, establecendo analogías con situacións que suceden na actualidade con migrantes en diferentes partes do mundo.

 

O documental narra a historia da asociación "Fillas de Galicia", formada por esas mulleres emigradas galegas e pon de manifesto diversas historias de protagonistas que sufriron enganos para entrar a formar parte da prostitución cubana a comezos do século pasado.

 

O codirector do documental, Xosé Lois Santiago "Pello", destaca que a situación "non deixa de ser similar á doutras mulleres que hoxe en día emigran á nosa terra, ou a outros lugares, e acaban desempeñando a mesma función, sendo explotadas por mafias sexuais".

 

Tal e como relata "Pello", obter información, datos e imaxes destas mulleres emigrantes galegas converteuse nun labor moi complicado, debido principalmente ao escurantismo e ás doses de vergoña que implica o concepto de prostitución.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas