GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Ministerio de Asuntos Exteriores lanza a campaña “Españois globais, heroes locais”

(27/07/2020)

O Ministerio de Asuntos Exteriores lanza a campaña “Españois globais, heroes locais”

 

 

A Rexión Internacional 24/07/2020

O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, a través da Secretaria de Estado da España Global (SEEG), lanza a campaña, "Españois globais, heroes locais", coa que pretende poñer en valor o traballo desenvolvido por moitos españois "anónimos" durante a crise provocada pola pandemia, que levou a moitos deles a implicarse de maneira directa en paliar a difícil situación derivada da Covid-19 naqueles países nos que se atopan.

 

https://www.facebook.com/hashtag/espa%C3%B1olesglobalesh%C3%A9roeslocales

Cun 60% dos españois repartidos en América, o 36% en Europa, o 2% en Asia e 1%, respectivamente, en África e Oceanía, a SEEG marcouse o obxectivo de conectar máis e mellor o noso país coa cidadanía española no exterior e potenciar o apoio mutuo.

Esa é unha das tarefas prioritarias do Embaixador en Misión Especial para a Cidadanía Española Global, figura de nova creación establecida na citada SEEG que tratará de identificar, dinamizar, conectar, apoiar, proxectar e escoitar a todos os españois con presenza nos ámbitos empresarial e académico, no sector público internacional, na cooperación e a sociedade civil, a comunicación, a cultura e o deporte.

En todos estes ámbitos enmárcase a campaña “Españois globais, heroes locais”, que busca visibilizar a eses españois no exterior e cuxo contido comeza a difundir hoxe o Ministerio a través dos seus perfís nas redes sociais e da súa canle de Youtube.

A campaña identifica perfís de cidadáns "exemplares" de diferentes ámbitos de actividade que comparten o seu labor no exterior para loitar contra a pandemia e as súas tráxicas consecuencias.

España Exteriores Talento en el mundo web


Este é o caso de Laura Andújar, unha enfermeira de urxencias de Madrid, que formou parte do Equipo Técnico Español de Axuda e Resposta a Emerxencias (START, polas súas siglas en inglés) e que participou en misións en países en desenvolvemento con ONG. Andújar viaxou a Mauritania cun grupo de sanitarios, enviados pola AECID, para axudar ás autoridades sanitarias mauritanas a mellorar o seu sistema de prevención da pandemia e atención a pacientes afectados pola mesma.

José Luis Pimentel Bolaños, Coordinador Xeral da Cooperación Española en Perú é outro dos perfís a través dos que se plasma esta campaña. Perú é un dos países máis afectados pola Covid-19 en América Latina e o Caribe. A Cooperación Española apoia as actuacións do goberno peruano no país para frear a pandemia e mellorar a atención ás persoas máis vulnerables fronte ás súas consecuencias, non só no ámbito da saúde, senón tamén do resto de condicións básicas de vida.

Estes son só dous exemplos doutros moitos perfís que representan os 2,6 millóns de españois repartidos polo mundo e que co seu traballo e implicación diaria contribúen a construír unha relación sólida entre España e a súa cidadanía exterior, algo que desde a SEEG considérase de enorme utilidade, non só para a acción exterior española, senón para afrontar os retos do país.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas