GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta reforza as axudas para as galegas e galegos do exterior en situación excepcional de emerxencia para facer fronte ás consecuencias do coronavirus

(10/07/2020)

A Xunta reforza as axudas para as galegas e galegos do exterior en situación excepcional de emerxencia para facer fronte ás consecuencias do coronavirus

O programa da Secretaría Xeral da Emigración conta cun orzamento inicial de 200.000 euros, que podería triplicarse en caso de necesidade.

 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de novembro.

 

Cunha dotación inicial de 200.000 euros, esta partida podería mesmo triplicarse en caso de necesidade

Cunha dotación inicial de 200.000 euros, esta partida podería mesmo triplicarse en caso de necesidade

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020.

 

Nos próximos días publicarase a convocatoria das Axudas de Emerxencia Social, un programa que xestiona a Secretaría Xeral da Emigración desde 2011 dirixido a persoas emigrantes de nacionalidade española e orixe galega, residentes no exterior, que carezan dos recursos económicos necesarios para atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial, e que precisen dunha actuación urxente. 

 

As consecuencias que a pandemia do coronavirus ameaza con deixar tras de si, especialmente en países de América, como A Arxentina, Brasil ou Venezuela levou ao Goberno galego a reforzar esta partida cunha dotación inicial de 200.000 euros, que podería mesmo triplicarse en caso de necesidade. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de novembro.

 

Trátase de axudas con carácter persoal e intransferible, que non orixinan ningún dereito subxectivo para as persoas beneficiarias, e incompatibles con calquera outra das reguladas pola Secretaría Xeral da Emigración ou organismos públicos para os mesmos conceptos. Ademais, unicamente pode concederse unha axuda por feito causante, e cada solicitante poderá só pedir unha axuda por un único suposto en función da necesidade que pode chegar ata un máximo de 3.000 euros. 

 

Os requisitos para obter unha destas axudas é carecer de rendas, ingresos e patrimonio para facer fronte á situación descrita, e acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da solicitude (como máximo nos últimos doce meses) e que pola súa gravidade requiran unha actuación urxente. Tamén se contempla na orde a posibilidade de sufragar un desprazamento desde un terceiro país, se fose estritamente necesario.

 

Paliar situacións de marxinación social ou dependencia

 

Entre as razóns especificadas para solicitar estas axudas figura a de atoparse no exterior en situacións de marxinación social ou de tal grao de dependencia que a persoa solicitante non se poida valer por si mesma e non teña cuberta a necesidade de atención por ningún medio. Outros dos supostos incluídos céntranse nas situacións derivadas da perda, inadecuación ou dotación básica da vivenda habitual ou familiar, e carecer de medios para paliar esta situación, así como en aquelas derivadas de problemas perentorios referidos á alimentación, vestido, educación e outros de natureza análoga non cubertos polos diferentes sistemas de protección nacionais dos países nos que reside a persoa beneficiaria. 

 

As “situacións derivadas de problemas sanitarios graves cuxo tratamento non estea debidamente cuberto ou con respecto dos cales a súa atención no Estado español supoña unha vantaxe significativa” conforman outro dos motivos para optar a estas axudas da Secretaría Xeral da Emigración.

 

Situacións de carácter asistencial

 
Así mesmo, quedan cubertas por esta convocatoria as situacións sobrevidas derivadas de graves catástrofes naturais ou outras causas que provoquen a perda ou grave deterioración da vivenda habitual e do enxoval, e aqueloutras situacións de carácter social, asistencial ou humanitario que deriven na necesidade dunha intervención urxente.

 

Trátase dunha iniciativa da que pode resultar beneficiaria calquera persoa emigrante galega, así como os seus e as súas descendentes en primeiro grao, que posúan a condición de galega ou galego residentes no exterior, de acordo co establecido legalmente para este recoñecemento.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2020
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas