(07/07/2020)
A Secretaría Provincial de Emigración do PSdG-PSOE de Ourense publica tres titoriais dirixidos a retornados que traballaron en Alemaña
Á dereita da foto Luís Gulín, o secretario de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense
A Rexión Internacional 06/07/2020
A Secretaría Provincial de Emigración do PSdG-PSOE de Ourense acaba de subir ao portal da internet youtube tres vídeos titoriais dirixidos aos emigrantes retornados que traballaron nos países europeos.
Neles, o secretario provincial de emigración, Luís Gulín, informa e dá consellos prácticos en diversos temas.
O primeiro deles consiste nunha panorámica xeral respecto a declaración da renda 2019, con referencias específicas para os retornados de Alemaña.
Os outros dous vídeos teñen como destinatarios exclusivamente a este colectivo: o primeiro analiza a problemática do pago do 5 por cento da pensión alemá á facenda xermana, a súa orixe, casuística e trámites a realizar en Alemaña e España.
O segundo vídeo destinado á emigración alemá é un titorial explicando o complexo procedemento para solicitar a axuda de dependencia alemá.
Luís Gulín explica a temática, os trámites, casos específicos e consellos a seguir ante a seguridade social alemá para conseguir esta prestación económica.
Con estes vídeos a secretaria provincial de emigración faise eco da demanda de información do colectivo de emigrantes retornados en Galicia e pon ao dispor de todos os contidos e as informacións achegadas nas múltiples reunións realizadas en diversas comarcas da provincia de Ourense.
Os vídeos titoriais que a Secretaria Provincial de Emigración do PSdG-PSOE de Ourense elaborou con destino á emigración retornada de Alemaña son das seguintes temáticas:
1. Declaración da renda en xeral en España para os retornados
2. Temática do 5 % da pensión alemá ao Finanzamt Neubrandenburg (Axencia Tributaria de Alemaña)
3. solicitar a axuda da dependencia (Pflegegeld) ao seguro médico estatal de Alemaña (Krankenkasse) desde España
https://www.youtube.com/watch?
https://www.youtube.com/watch?
https://www.youtube.com/watch?
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas