GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os electores que queiran votar en urna en Arxentina necesitarán un permiso de circulación das autoridades locais

(06/07/2020)

Os electores que queiran votar en urna en Arxentina necesitarán un permiso de circulación das autoridades locais


Redacción, Buenos Aires | 04 Julio 2020 - Crónicas da Emigración


Con motivo da convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia, os electores galegos en Arxentina que desexen votar en urna no Consulado necesitarán un permiso de circulación expedido polas autoridades arxentinas, segundo informa a Embaixada de España en Buenos Aires. A Secretaría de Innovación Pública dependente da Xefatura de Gabinete de Ministros puxo ao dispor dos electores unha ligazón específica para tramitar o Certificado de Circulación, a fin de habilitar o desprazamento necesario dos votantes para formalizar a súa participación nos comicios. Deberase ingresar no seguinte link: https://www.argentina.gob.ar/extranjeros/votar. Na devandita ligazón poderase acceder a un formulario para completar os datos de cada persoa e obter o seu permiso de circulación respectivo para ir votar. Para poder desprazarse o día dos comicios será imprescindible ter o permiso impreso ou en foto dixital no celular. Dita autorización terá unha validez de 24 horas desde o momento da súa tramitación.

Para quen decida exercer o seu dereito optando polo voto en urna, o Consulado Xeral permanecerá aberto os seguintes días:

O mércores 8 e xoves 9 de xullo, de 10 a 20 horas.

O venres 10 de xullo, de 10 a 16 horas.

O sábado 11 de xullo, de 10 a 20 horas.

O domingo 12 de xullo, de 10 a 16 horas.

Para quen decida exercer o seu dereito optando polo voto por correo, recoméndase facelo canto antes seguindo escrupulosamente a folla de instrucións recibida coa documentación electoral. O prazo para o voto por correo expira formalmente o sábado 11 de xullo.

O Consulado Xeral tamén informa de que, en cumprimento do Decreto de Illamento Social Obrigatorio, permanece pechado, polo que non se realiza ningún outro tipo de trámite.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas