GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As probas de Selectividade para estudantes españois no estranxeiro pódense atrasar ata o 31 de xullo

(03/07/2020)

As probas de Selectividade para estudantes españois no estranxeiro pódense atrasar ata o 31 de xullo

 


Redacción, Madrid | 02 Julio 2020 - Crónicas da Emigración


O Goberno ditou unha resolución que permite atrasar as probas de acceso á Universidade para estudantes españois no estranxeiro ata o 31 de xullo naqueles países nos que a situación provocada pola pandemia sanitaria non permita a súa realización nas datas inicialmente previstas, segundo publica o Boletín Oficial do Estado (BOE) este xoves, día 2.

O Executivo aprobou xa unha orde o 22 de abril, con motivo da suspensión da actividade presencial en todos os centros educativos, na que se atrasaban as datas para as probas de acceso á Universidade, segundo a cal estas deben realizarse entre o 22 de xuño e 10 de xullo e a convocatoria extraordinaria antes do 17 de setembro.

No caso dos centros españois situados no exterior do territorio nacional, os programas educativos no exterior, os programas internacionais, o alumnado procedente de sistemas educativos estranxeiros e os ensinos a distancia, a resolución agora aprobada prevé que as probas se realicen conforme á Orde do 22 de abril.

Con todo, cando os exames deban ter lugar nun país no cal se prevexa que nas devanditas datas poidan continuar en vigor medidas sanitarias extraordinarias, permítese convocar os exames nunha data posterior á establecida con carácter xeral, aínda que deberán celebrarse antes do último día de xullo. 

Debido ao atraso destas probas, tamén será posible modificar as datas de preinscrición, admisión e matriculación nas universidades públicas, de xeito que os estudantes implicados poidan levar adiante o proceso de preinscrición, admisión e matriculación en igualdade de condicións que o resto dos estudantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas