GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un total de 12.359 emigrantes solicitan o voto e anticipan a participación máis baixa do CERA neste século

(30/06/2020)

Un total de 12.359 emigrantes solicitan o voto e anticipan a participación máis baixa do CERA neste século

A cifra supón practicamente a metade que a cita autonómica do 2016

 

 


Redacción 29/06/2020

Un total de 12.359 electores do Censo de Residentes Ausentes (CERA) solicitaron o voto para as eleccións galegas do próximo 12 de xullo, un dato que anticipa a participación máis baixa da emigración galega en todos os procesos que se celebraron este século.

 

As dificultades que denuncian os emigrantes por ter que rogar o voto, sumado á pandemia do coronavirus, que especialmente afecta agora a Latinoamérica en pleno proceso electoral en Galicia, foron motivo de preocupación desde que se reiniciou o proceso electoral, tras suspenderse os comicios do 5 de abril na Comunidade autónoma, precisamente, pola crise sanitaria.

 

Así as cousas, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press, solicitaron o voto -e aceptáronse- un total de 12.359 persoas, unha cifra que é practicamente a metade que na cita autonómica do 2016 e que é a máis baixa de todo este século.

 

Na Coruña, segundo os datos aínda provisionais, contabilizáronse 4.609 peticións; seguida de Pontevedra, con 3.496; Ourense, con 2.818; e Lugo, con 1.436 peticións de voto. A eles, hai que sumar os votos dos residentes temporalmente no estranxeiro, que alcanzan as 117 peticións (62 na Coruña; 30 en Pontevedra; 14 en Ourense e 11 en Lugo).

 

Por países, o maior número de solicitudes do censo de residentes ausentes rexistrouse en Cuba, con 1.945 peticións. Aínda que o país con maior número de electores é Arxentina (con 1.444 peticións de voto nestas eleccións para o 12 de xullo), queda por detrás de Venezuela (1.720) en solicitudes.

 

Por diante destes dous últimos países do Cono Sur atópanse Suíza, onde se contabilizaron 1.773 solicitudes de voto; Alemaña, con 1.195 solicitudes; e Francia, con 1.008 peticións de voto por correo. De volta en Latinoamérica, Uruguai é o cuarto país do continente americano, con 771 solicitudes, en número de peticións.

 

Pero estes datos afástanse das solicitudes que houbo para os comicios do 25 de setembro do 2016, que xa fora o rexistro máis baixo que se contabilizou. Na cita anterior electoral, os electores residentes ausentes rexistraron 21.513 solicitudes, aínda que, finalmente, unicamente emitíronse 10.777 votos.

 

En citas anteriores, a baixada máis acusada en canto a solicitudes tivo lugar en o  2012, cando tan só 36.808 emigrantes rogaron o voto, as primeiras autonómicas nas que estaba en vigor o método do voto rogado. De feito, nesa ocasión, as catro xuntas provinciais só chegaron a recibir 12.954 votos, unha cifra baixa pero incluso superior á do número de solicitudes que hai actualmente para o 12 de xullo.

 

Voto por correo

 

Doutra banda, este xoves 2 de xullo termina o prazo para que os residentes en España soliciten o voto por correo para as eleccións ao Parlamento de Galicia.

 

As persoas que queiran solicitar o voto por correo poden facelo persoalmente na oficina de Correos, así como por vía telemática, a través da web da empresa pública, e mediante uso dun certificado electrónico.

 

Tras solicitalo, as delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral enviarán, ata o 5 de xullo, a documentación necesaria para poder votar, o que inclúe as papeletas e sobres de votación, o certificado de inscrición no censo, un sobre coa dirección da mesa na que lle correspondería votar e unha folla explicativa.

 

Para depositar o voto, o elector poderá facelo por dúas vías. Ou persoalmente, como ata agora, ou no momento no que recibe a documentación no domicilio, entregando o sobre co voto directamente ao persoal de Correos. Este sobre non necesita franqueo.

 

O límite para depositar o voto por correo é o 10 de xullo, ás 14 horas, un prazo que xa foi ampliado pola empresa pública, xa que inicialmente era ata o 8 de xullo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas