GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A exposición “O soño cubano da emigración galega”, do Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración, salienta a importancia da Habana na historia da Galicia exterior

(29/06/2020)

A exposición “O soño cubano da emigración galega”, do Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración, salienta a importancia da Habana na historia da Galicia exterior

A mostra, que consta de trinta paneis, permanecerá exposta no Museo do Mar de Galicia ata o 15 de xullo.

 

Cuba chegou acubillar máis de 200.000 galegas e galegos, que constituían o 9% da poboación total da capital.

 

A mostra é froito da colaboración do Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia

A mostra é froito da colaboración do Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia

 

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2020.

 

A exposición O soño cubano da emigración galega, do Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración,  pretende percorrer as fases e facetas principais da epopea migratoria que levou a preto de 200.000 galegos e galegas a Cuba: abrangue desde a chegada das e dos inmigrantes ata o seu retorno, pasando polas súas asociacións, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba, e mais a pegada deixada polos galegos e galegas na sociedade cubana.

 

A mostra, que permanecerá exposta no Museo do Mar de Galicia ata o 15 de xullo, permitirá coñecer unha relación que se remonta moito atrás e que se acentúa no século XX, xa que se estima que a illa acolleu máis de 200.000 cidadás e cidadáns galegos, e que os nados en Galicia chegaron a ser o 9% da poboación total da Habana.

 

A exhibición consta de trinta paneis que permiten descubrir o perfil da e do galego emigrante na Habana (persoas novas, maioritariamente varóns, procedentes de sectores medios, que se integran no pequeno comercio, que chegan a Cuba a través de redes familiares e mecanismos persoais...) e coñecer o espertar dunha conciencia galega en Cuba que explica que boa parte dos símbolos da identidade galega tivesen alí a súa raizame. Fotografías, documentos privados, materiais procedentes do asociacionismo galego ilustrarán esta mostra, que revisa unha destacada e potente relación histórica. Ademais, permite recoñecer o mesto tecido asociativo galego dende 1871, unha esfera pública artellada por cabeceiras de prensa propias e decenas de sociedades microterritoriais ou de instrución. Nela resoarán, ademais, os movementos sociais e políticos desenvolvidos en Galicia dende finais do século XIX, dende o rexionalismo ata o agrarismo e o nacionalismo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas