GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Aceptadas un total de 12.359 solicitudes dos galegos residentes no exterior para votar o próximo 12- J

(25/06/2020)

Aceptadas un total de 12.359 solicitudes dos galegos residentes no exterior para votar o próximo 12- J


Redacción, Vigo | 23 Xuño 2020 - Crónicas da Emigración


A Oficina do Censo Electoral ven de aceptar a solicitude de 12.359 galegos residentes no exterior para votar nas próximas eleccións do 12 de xullo, o que supón un 2,6% do total dos 463.182 electores rexistrados no Censo de Españois Residentes Ausentes (CERA).

Do total de solicitudes aprobadas 4.609 son da Coruña; 3.496, de Pontevedra; 2.818 de Ourense; e 1.436, de Lugo.

Por lugar de procedencia, o maior volume de solicitudes aprobadas procede de Cuba, con 1.945 solicitudes; seguido de Suíza, con 1.773; Venezuela, con 1.720; Arxentina, 1.444; Alemaña, 1.195; e Francia 1.008.

Tamén se aprobaron 771 solicitudes procedentes de Uruguai; 620, de Reino Unido; 316, de Brasil; 240, de Países Baixos; 211, de Portugal; e 209, de Bélxica. Así mesmo, en México, Italia, Estados Unidos e Andorra aprobáronse pouco máis de 100 solicitudes por cada país. En total foron aprobadas solicitudes procedentes de 67 países diferentes.

Estes datos supoñen un descenso do 20,9% respecto a as eleccións que non se chegaron a celebrar o pasado 5 de abril, onde había máis de 15.000 solicitudes de voto aprobadas.

Desde diferentes ámbitos apuntan que neste proceso electoral será aínda máis complicado votar desde o exterior, xa que á tradicional dificultade de rogar o voto sumarase o parón que hai nos servizos de correos de moitos países pola pandemia, así como o confinamento que aínda está vixente, sobre todo en América.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xullo 2020
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020. Información para o voto dos/as residentes no exterior 04/06/2020-12/07/2020

 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas