GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os servizos de estranxeiría da Coruña recuperan todas as citas suspendidas no estado de alarma

(23/06/2020)

Os servizos de estranxeiría da Coruña recuperan todas as citas suspendidas no estado de alarma


Galici@Press Europa Press | luns, 22 de xuño de 2020

 

Os servizos de estranxeiría da Subdelegación do Goberno na Coruña recuperaron en menos dun mes todas as citas suspendidas durante o estado de alarma, segundo informa.

A Subdelegación tamén lembra que as persoas migrantes da provincia teñen á súa disposición novos servizos telemáticos para non ter que desprazarse ás dependencias deste organismo, "á vez que a normativa de estranxeiría ten en conta as especiais circunstancias da crise sanitaria para evitar que a poboación migrante poida quedar en situación de irregularidade".

Sobre as citas suspendidas e recuperadas, explica que "aínda que a oficina non deixou de prestar servizos en ningunha fase do estado de alarma grazas á ampliación das súas canles de atención telemática, non se puido atender a aquelas persoas que non fixeron uso dos medios electrónicos".

"Con todo, as 1.098 citas que deberon ser suspendidas por elobligado peche do servizo presencial, puideron ser xa atendidas por medios telemáticos ou ben reatribuídas a unha nova data na fase de nova normalidade ao ampliarse os servizos de atención presencial da oficina de estranxeiría".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas