GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A ONU calcula que no mundo hai xa 80 millóns de desprazados

(21/06/2020)

A ONU calcula que no mundo hai xa 80 millóns de desprazados

 

Só a guerra siria supera a cifra marca do éxodo venezolano


Refugiados hindúes, procedentes de Pakistán, en un campamento en las afueras de Nueva Delhi (la India) 

Refuxiados hindús, procedentes de Paquistán, nun campamento nos arredores de Nova Deli (a India)

 

O número de desprazados e refuxiados no mundo creceu en case nove millóns de persoas o pasado ano, ata alcanzar a marca de 79,5 millóns, aproximadamente o 1 % da poboación mundial, segundo destaca o informe anual publicado este xoves pola Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur).

Trátase da cifra máis alta recollida polo organismo desde que recompila estas estatísticas, publicadas como cada ano en vésperas do Día Mundial do Refuxiado (20 de xuño).

O incremento explícase en parte polo maior fluxo de desprazados en zonas como a rexión do Sahel (Mali, Níxer),  desde a República Democrática do Congo cara a  Uganda  ou no noroeste de  Siria, segundo explicou o alto comisionado da ONU para os Refuxiados, o italiano Filippo Grandi, ao presentar o informe.

Desta poboación en movemento, 45,7 millóns son desprazados internos dentro do seu país de orixe, 26 millóns refuxiados en territorios distintos ao seu, 4,2 millóns solicitantes de asilo e 3,6 millóns son venezolanos considerados nunha categoría distinta pola dobre vertente económica e política do seu éxodo.

Éxodo político e económico

Venezuela, cuxo éxodo en realidade supera os 5 millóns de persoas, é o segundo país en número de refuxiados contabilizados por Acnur, só por baixo dos 6,6 millóns de sirios e superando a nacións como Afganistán (2,7 millóns) Sudán do Sur (2,2 millóns) e Birmania  (1,1 millóns).

En canto aos destinos, Turquía é o país que acolle un maior número de refuxiados (3,6 millóns) seguido de Colombia (1,8 millóns), Pakistán  (1,4 millóns), Uganda (1,4 millóns) e Alemaña (1,1 millóns).

A maioría son menores

Grandi destacou que un 40 por cento das persoas desprazadas son menores de 18 anos e subliñou que o número de refuxiados que poden retornar aos seus países de orixe (317.200 no 2019) é cada ano menor.

As solicitudes de asilo o pasado ano superaron os dous millóns, con Estados Unidos como o país que máis recibiu (301.000), seguido de Perú (259.800), Alemaña (142.500), Francia (123.900) e España (118.300).

As poboacións desprazadas afrontan ademais este ano os problemas engadidos que expuxo a pandemia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas