GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta colaborará con 69 entidades para poñer en marcha programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, entre as que se inclúen as emigrantes retornadas

(20/06/2020)

A Xunta colaborará con 69 entidades para poñer en marcha programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, entre as que se inclúen as emigrantes retornadas

O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores a resolución desta convocatoria de axudas destinada a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro.

 

A través destas axudas foméntase a igualdade de oportunidades para contribuír a reducir a dobre discriminación das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación laboral, social e persoal.

 

Esta é unha das máis de medio cento de medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

Esta é unha das máis de medio cento de medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020.

 

O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores a resolución da convocatoria de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para que desenvolvan programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. En total, nesta convocatoria resultaron beneficiarias un total de 69 entidades.

 

O orzamento para este ano ascende a máis de 1,4 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

 

Os programas que se financiarán ao abeiro destas axudas teñen como obxectivo promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, fomentar a igualdade de oportunidades, así como aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables a través de actuacións que promovan a igualdade de xénero e a conciliación da vida laboral.

 

As entidades beneficiarias deben comunicar que aceptan as axudas concedidas nun prazo de 10 días e terán que ter executado o programa subvencionado antes do 30 de setembro.

 

Con estas axudas, o Goberno galego pretende fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír a reducir a dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación laboral, social e persoal.

 

Teñen a consideración de mulleres en situación de especial vulnerabilidade, entre outras, as vítimas de violencia de xénero; inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas; pertencentes a minorías étnicas; dependentes do consumo de substancia tóxicas; perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións; reclusas ou ex-reclusas; transexuais ou con conflitos de identidade de sexo; con discapacidade ou enfermidade mental; maiores ou viúvas; sen fogar; ou desempregadas de longa duración.

 

Os programas que se financian poden ser de dous tipos: de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de 3 anos e en situación de especial vulnerabilidade; e de atención especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, pertencentes a un ou varios colectivos.

 

Estas actuacións inclúen, entre outros recursos, servizos de orientación e información, atención psicolóxica, asesoramento xurídico, mediación intercultural e/ou familiar, apoio e orientación laboral, ou actividades para adquisición de habilidades persoais e sociais básicas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2020
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas