GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Este martes, día 16, finaliza o prazo para que os galegos e vascos residentes no exterior soliciten o voto por correo para o 12- J

(16/06/2020)

Este martes, día 16, finaliza o prazo para que os galegos e vascos residentes no exterior soliciten o voto por correo para o 12- J


Redacción, Vigo | 15 Xuño 2020 - Crónicas da Emigración


Os galegos e vascos que residen no exterior de maneira permanente (CERA) e temporal (ERTA) teñen ata este martes, día 16, para solicitar a súa participación nas eleccións galegas e vascas do próximo 12 de xullo.

Os electores rexistrados no CERA deberán cubrir a solicitude oficial e remitila por fax, por correo ou a través da sede electrónica do INE á delegación provincial correspondente da Oficina do Censo Electoral. Unha vez recibida a documentación para votar, poderán remitir o seu voto por correo ata o sábado 11 de xullo ou depositar o seu voto en urna nos consulados entre o 8 de xullo e o 12 de xullo ata as 20,00 horas.

No caso dos electores residentes temporalmente no estranxeiro, poden solicitar o seu voto ata o día de hoxe nas oficinas consulares ou seccións consulares das embaixadas. Despois de recibir a documentación, poderán remitir o seu voto por correo ata o 8 de xullo.

Por outra banda, fai falta lembrar que segue aberto ata o 2 de xullo o prazo para solicitar o voto por correo para as persoas residentes en Galicia. Pódese solicitar en calquera oficina de Correos ou ben por vía telemática a través da páxina web de Correos. O voto poderá enviarse por correo certificado ata o 10 de xullo ás 14,00 horas, ou ben facer entrega do mesmo no mesmo momento en que se recibe a documentación no domicilio.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas