GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un de cada tres electores de Mondoñedo ou Lourenzá é emigranteTrabada,

(15/06/2020)

Un de cada tres electores de Mondoñedo ou Lourenzá é emigranteTrabada,

 

De 68.248 electores da Mariña o próximo 12-J, 10.041 residen no estranxeiro

 

Los gallegos están llamados a las urnas el próximo 12 de julio

Os galegos están chamados ás urnas o próximo 12 de xullo

 


14/06/2020

 

O censo electoral dos 15 concellos da Mariña para as eleccións autonómicas galegas do próximo 12 de xullo é de 68.248 persoas. Delas, 10.041 residen no estranxeiro, un 15%.

 

Da análise do Censo de Españois Residentes Ausentes (CERA), destaca que un de cada tres electores de cinco concellos do interior da Mariña -Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova e Trabada- son emigrantes, persoas que viven e votan en países do estranxeiro. Sobresae, neste sentido, Ourol con 550 electores no exterior (o 37.9%) dun censo municipal de 1.451, ou Mondoñedo onde residen fóra 1.380 posibles votantes (o 30,9%) dos 4.465 do censo. Os electores avecindados no estranxeiro supoñen o 29,2% do censo de Lourenzá (732, de 2.510 electores), o 24,3% en Trabada (326 e 1.343) ou o 23,3% na Pontenova (598 e 2.563).

 

Nestes cinco concellos, o peso do voto emigrante é case do 30%. Neles, os electores do exterior suman 3.586 dun censo de 12.332. Pola contra, onde a influencia do voto exterior é menor son Burela (114 electores, o 1,5% dun censo de 7.225) ou Foz (783, o 8,7%, de 8.950).

 

Por baixo da media do voto exterior da Mariña (15%) figuran, co 10%, Cervo (425 fose e 4.100 de censo), O Valadouro (197 e 1.885) e O Vicedo (412 e 1.896). Xove ten 3.078 electores, 357 fose (11,5%); Viveiro 14.460, 1.928 establecidos noutros países (o 13%); Barreiros, 2.956, 412 no estranxeiro (14%); e Ribadeo, 9.438 electores totais, dos que 1.414 están noutros países (15%). Alfoz ten 1.928 electores e 413 viven no exterior (21%).

 

Tres concellos achegan case a metade dos 10.041 electores residentes ausentes da Mariña. Son os de Viveiro (1.928), Ribadeo (1.414) e Mondoñedo (1.380).

 

Na provincia, nas eleccións do 12-J serán 342.969 os lucenses con dereito ao voto. Deles, 67.605 (o 20%), residen no estranxeiro. Só en Ourense ten o voto emigrante un peso porcentual superior, pois dos seus 359.226 electores, 101.400 (o 28%) viven fóra de España. En número, en cambio, o voto emigrante en Lugo e Ourense é inferior ao da Coruña (160.094 persoas) e Pontevedra (134.064). En Galicia, o voto exterior alcanza a cifra de 463.163 persoas, o 17% dos 2,6 millóns de electores do censo da comunidade.

 

31.752 lucenses votan en Arxentina, 203 en Australia e 1 en Botswana

 

O 86% (58.633) dos 67.605 electores de Lugo no exterior residen en América. A maioría concéntrase en cinco países: Arxentina (31.752), Cuba (14.403), Venezuela (2.923), Uruguai (2.769) e Estados Unidos (2.435). O resto está en Brasil (1.848), México (919), Chile (326) Dominicana (242), Honduras (193), Canadá (183), Colombia (179), Panamá (145), Ecuador (71), Costa Rica (60), Perú (66), Paraguai (34), Guatemala (33), Bolivia (28), Nicaragua (11), O Salvador (8), Bahamas (3) e Haití (2).

 

Europa, segundo continente

 

Segundo recolle o Instituto Nacional de Estatística (INE), o segundo continente en achega significativa ao censo de Lugo é Europa con 8.602 votantes: Suíza (2.738), Francia (2.320), Reino Unido (1.296), Alemaña (807), Bélxica (511), Países Baixos (221), Portugal (109) e Italia (108) achegan o groso. Mentres que Liechtenstein, Lituania, Mónaco ou Rumania só teñen un votante lucense e outros como Bulgaria, Eslovenia, Hungría e Eslovaquia teñen 2.

 

En Asia hai 113 electores de Lugo: 29 en Filipinas, 19 en Emiratos Árabes, 18 en China , 8 en Singapur , 7 en Xapón, 5 en Arabia Saudita, 4 en Vietnam, 3 en Irán, Malaisia e Paquistán, 2 en India, Qatar e Líbano e 1 en Bangladesh, Cambodia, Indonesia, Israel, Corea, Tailandia e Skri Lanka.

 

Os lucenses en Africa son 49: 9 en Marrocos, 8 en Sudáfrica, 6 en Mozambique, 5 en Angola, 4 en Alxeria, 3 en Guinea Ecuatorial, 2 en Exipto, Ghana, Mauricio e Namibia e 1 en Congo, Madagascar, Libia, Kenia, Guinea-Bissau e Botswana.

 

En Oceanía hai 208 electores de Lugo: 203 en Australia e 5 en Nova Zelandia.

 

O voto rogado, un artigo de «Clarín» e as dificultades engadidas

 

En 2011, PP e PSOE pactaron unha reforma da Lei Orgánica do Regimen Electoral Xeral (LOREG) que obrigaba aos emigrantes a solicitar de forma expresa o voto para poder exercer o seu dereito ao voto. Así comezou o chamado Voto Rogado.

 

A emenda pretendía acabar con problemas e fraudes do sistema anterior que chegaron á súa cima nas eleccións autonómicas de 2005 cando o bipartito PSOE-BNG desaloxou a Fraga da Xunta grazas ao voto emigrante. O diario arxentino Clarín publicou entón, en xuño, o artigo «Axuda secreta da Casa Rosada. O triunfo dos socialistas en Galicia» que denunciaba as irregularidades habidas en favor dun PSOE que utilizase técnicas e artes que antes empregase Fraga... Dicía que, coa colaboración de Kirchner, o PSOE montase un dispositivo no que os seus axentes organizaban comidas para pedir aos emigrantes os seus pasaportes e solicitar o voto por eles, trasegar votos, pagar por sufraxios, etc. Iso foi o rien vai plus… E non lles quedou máis remedio a PP e PSOE que pactar o fin desas prácticas, modificar a LOREG e, de paso, prohibir o voto en municipais aos censados no estranxeiro.

 

A reforma mellorou algo unha situación que, ata 2005, 2008 ou 2009, era escandalosa, vergoñosa e antidemocrática. Pero, a cambio, provocou outros problemas como atrasos na chegada de documentación e do voto, prazos axustados, dificultades para acudir aos consulados a «rogar» o voto, etc. Todo iso provocou que o que buscaba acabar coa fraude terminase, na práctica, xerando un gran descenso da participación. Nos últimos oito anos de voto rogado, o censo non parou de aumentar e a participación non cesou de baixar. En 2008 (aínda co anterior sistema), houbo 383.016 votantes de 1.202.433 inscritos no Censo Español de Residentes Ausentes (CERA). E en 2011 (co voto rogado) o censo foi de 1,5 millóns mentres os votos apenas 73.000…

 

Agora, o voto emigrante enfróntase a unha dificultade máis: o Covid 19. O virus ten hoxe a súa gran forza en América e pode disuadir de acudir ás urnas. Gran parte dos 463.163 galegos residentes no exterior viven en países de Sudamérica que, por mor da pandemia, teñen os seus servizos postais suspendidos ou baixo mínimos. Así que se eran poucas as dificultades, chegou a avoa…

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas