GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración recibe preto de 8.400 solicitudes de Axudas Económicas Individuais

(15/06/2020)

A Secretaría Xeral da Emigración recibe preto de 8.400 solicitudes de Axudas Económicas Individuais

O programa do departamento autonómico conta cunha partida de case 2,7 millóns de euros.

 

A convocatoria busca, a través dun pagamento único, contribuír a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria das familias galegas do exterior con menos recursos.

 

Cuba, Venezuela e A Arxentina son os países desde os que proceden a maioría das peticións.

 

Imaxe de arquivo do Centro de Día da Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela)

Imaxe de arquivo do Centro de Día da Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela)

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2020.

 

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu preto de 8.400 solicitudes de Axudas Económicas Individuais na convocatoria de 2020, que pechou o prazo de solicitudes o 5 de febreiro. Este período ampliouse, non obstante, para os galegos e galegas que se atopan en situación de necesidade residentes en Venezuela, A Arxentina e O Uruguai ata o día 19.

 

Foron estes, xunto a Cuba, os países dos que procederon a gran maioría das peticións realizadas por galegas e galegos para ser beneficiarios deste programa, que conta cun orzamento de 2,7 millóns de euros para o presente exercicio. Esta orde da Secretaría Xeral da Emigración consta dun pagamento único, cuxa finalidade é contribuír a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria das familias galegas do exterior con menos recursos.  

 

A convocatoria deste programa da Secretaría Xeral da Emigración realízase en réxime de concorrencia non competitiva e está dirixida ás e aos emigrantes de orixe galega, e a determinados familiares residentes no estranxeiro, que acrediten atoparse en situación de alta precariedade económica.

 

Sete tipos de axuda en función das necesidades

 

O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. Para ser beneficiarias e beneficiarios destas subvencións, os interesados e interesadas deben demostrar que carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes para a subsistencia, e cumprir os requisitos de necesidade estipulados en cada tipo de axuda.

 

Ade dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; as cuartas por invalidez ou enfermidade permanente; as quintas por cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; as  convocatoria abrangue sete tipos de axuda. As primeiras son aquelas por unidade familiar en situación de precariedade; as segundas, por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante; as terceiras por situación sextas para as mulleres que sufran violencia de xénero; e as últimas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xullo 2020
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020. Información para o voto dos/as residentes no exterior 04/06/2020-12/07/2020

 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas