GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu entre marzo e maio 300 solicitudes para optar a unha das 150 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME)

(11/06/2020)

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu entre marzo e maio 300 solicitudes para optar a unha das 150 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME)

Nos últimos tres meses un total de 443 iniciaron o proceso de solicitude, pero 142 non o concluíron por diferentes motivos.

 

Unha cuarta parte das e dos aspirantes foron nados en Galicia, o segundo país de nacemento máis numeroso, só precedido pola Arxentina e seguido de Venezuela, Brasil, Uruguai, México e Cuba, entre outros.

 

Das 50 galegas e galegos nados en España que solicitaron unha das prazas, 18 residen no Reino Unido, 5 en México, 4 en Portugal e 3 en Alemaña.

 

A idade media das e dos solicitantes que completaron o proceso, 175 mulleres e 127 homes, é de 30 anos.

 

Imaxe da entrega de diplomas acreditativos ás e aos beneficiarios do curso 2019-2020 das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

Imaxe da entrega de diplomas acreditativos ás e aos beneficiarios do curso 2019-2020 das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020.

 

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu 301 solicitudes de mozas e mozos galegos do exterior nos meses de marzo, abril e maio, prazo que se ampliou por mor do Estado de Alarma decretado en España para pedir unha das 150 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). Durante o período de presentación de peticións, que pechou o pasado día 30, un total de 443 persoas iniciaron o procedemento a través da plataforma dixital deseñada para este programa, malia que 142 delas non o remataron por diferentes motivos. 

 

Das 301 que si completaron o proceso, 127 foron nadas na Arxentina, 50 en Galicia, 45 en Venezuela, 22 en Brasil e no Uruguai, respectivamente, 15 en México, 10 en Cuba, 4 en Chile, 2 en Panamá e 1 tanto en Costa Rica como en Portugal e Suíza. Os países de residencia, pola súa banda, abranguen 3 continentes e un total de 18 Estados diferentes. A idade media das e dos solicitantes que si remataron o procedemento inicial, 175 mulleres e 127 homes, é de 30 anos, que se eleva a 30,2 no caso do total de peticións iniciadas, concluíran ou non o trámite.

 

Así, unha cuarta parte das solicitudes proceden de persoas nadas en Galicia. Delas, o 36%, 18, residen no Reino Unido, mentres que 5 o fan en México, 4 en Portugal, 3 en Alemaña, 2 na Arxentina, Ecuador, Eslovaquia, Italia e o Uruguai, respectivamente, e 1 en Rusia, Canadá, Chile, Costa Rica, os Estados Unidos, Francia, Países Baixos e Suíza. Os países de procedencia das galegas e galegos nados na comunidade suman, deste xeito, 17 procedencias distintas.

 

Listaxe definitiva de admitidas e admitidos

 

A Secretaría Xeral da Emigración está a tramitar as solicitudes completadas e nas vindeiras semanas, logo dun prazo de 5 días hábiles para subsanación de erros que empeza hoxe, publicará a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas á convocatoria 2020/2021 das BEME. As beneficiarias e beneficiarios deste programa deben ser galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior, e estar admitido na preinscrición dalgún dos mestrados das universidades galegas. A bolsa, cuxo importe é de 7.000 ou 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aquelas e aqueles que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun presuposto total de ata 11.475 euros (en función do continente de procedencia do alumno ou alumna).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas