GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración abre o prazo de solicitudes das Axudas ao Retornado Emprendedor, dotadas con 400.000 euros

(06/06/2020)

A Secretaría Xeral da Emigración abre o prazo de solicitudes das Axudas ao Retornado Emprendedor, dotadas con 400.000 euros

O DOG publicou onte a oitava convocatoria deste programa, que se poden pedir desde hoxe ata o 30 de setembro.

 

A medida do Goberno galego está dirixida a emprendedoras e emprendedores rexistrados como autónomos, sociedades mercantís e laborais, e cooperativas de traballo. 

 

Cada beneficiaria ou beneficiario pode recibir ata 8.000 euros para cubrir os gastos de establecemento do negocio.

 

Imaxe de arquivo dun dos proxectos empresariais postos en marcha grazas ás Axudas ao Retorno Emprendedor

Imaxe de arquivo dun dos proxectos empresariais postos en marcha grazas ás Axudas ao Retorno Emprendedor

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020.

 

A Secretaría Xeral da Emigración abre hoxe o prazo de solicitudes para as Axudas ao Retornado Emprendedor, o programa deseñado por este departamento dirixido aos galegos e galegas do exterior que regresan á comunidade para poñer en marcha un negocio propio. As e os beneficiarios, galegos que retornasen a Galicia nos últimos dous anos e emprenderan durante ese prazo de tempo, poderán ter forma xurídica de autónomos, sociedades mercantís (para sociasa ou socios traballadores) ou laborais, ou cooperativas de traballo. Así figura na convocatoria da orde, publicada onte no Diario Oficial de Galicia (DOG), que establece que o prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 30 de setembro. A comunicación institucional fixa tamén a dotación económica deste programa para este ano en 400.000 euros.

 

As axudas estarán dotadas dunha contía fixa de 5.000 euros para cada persoa retornada emprendedora, que poderá incrementarse en 1.000 euros máis se se trata dunha muller, e noutros 2.000 se, ademais, o negocio está establecido nun concello rural. O máximo que poderá obter cada un dos beneficiarios ou beneficiarias para cubrir os gastos de establecemento da empresa será, así, de 8.000 euros. Para acadar unha destas axudas, as e os solicitantes deberán aportar un plan de negocio empresarial que deberá contar con informe de viabilidade económica e financeira de entidade independente, entre os cales figuran a unidade de Galicia Emprende e as e os axentes de emprego e desenvolvemento local, segundo figura nas bases da convocatoria.

 

Regreso nos dous anos anteriores

 

A este programa da Xunta de Galicia poderán acollerse as galegas e galegos de nacemento, as e os seus cónxuxes ou persoas cunha unión análoga á conxugal e as e os descendentes das persoas galegas e nacidas en Galicia que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega. As persoas solicitantes deberán, ademais, estar en posesión da nacionalidade española antes do seu retorno a España, que debeu producirse desde o 1 de xaneiro de 2018. Deberán residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional en Galicia e non ter sido beneficiarias ou beneficiarios desta axuda para a mesma actividade en anteriores convocatorias. En caso de tratarse de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia ou socias traballadoras de sociedades laborais, mercantís ou de cooperativas de traballo asociado, deberán ser titulares dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens constituída previamente á presentación da solicitude de subvención e estar dada ou dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda con anterioridade á presentación da solicitude.

 

As persoas socias traballadoras de sociedades mercantís, laborais ou cooperativas de traballo asociado, pola súa banda, terán que ter entidades legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Mercantil, o Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas