GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta reactiva o prazo para que as entidades do exterior pidan as axudas para infraestruturas e equipamentos

(02/06/2020)

A Xunta reactiva o prazo para que as entidades do exterior pidan as axudas para infraestruturas e equipamentos

 

Redacción, Vigo | 02 Xuño 2020 - Crónicas da Emigración

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns, día 1, a Resolución pola que se retoma o prazo para que as entidades do exterior soliciten as subvencións destinadas a apoiar a súa infraestrutura e adquirir equipamento.

A Resolución lembra que estas subvencións, convocadas en réxime de concorrencia non competitiva, foron publicadas no DOG do pasado 10 de marzo e o prazo de presentación de solicitudes era ata o 13 de abril. Ao declararse o estado de alarma o 14 de marzo paralizouse o proceso cando aínda quedaban 29 días de prazo e por iso esta nova resolución da este mesmo tempo, co que as solicitudes se poderán presentar ata o 30 de xuño.

Estas axudas constan de dous programas. Un son axudas destinadas ás obras de ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das instalacións e do patrimonio cultural.

O outro programa está destinado a colaborar na mellora das dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

As entidades só poderán solicitar as axudas dun dos programas, excepto as resultantes de procesos de unión ou fusión que estivesen finalizados dentro dos 6 anos anteriores á data da publicación desta convocatoria; neste caso, o importe máximo da suma das axudas que se concedan nos dous programas será inferior a 30.000 euros.

Poderanse beneficiar destas axudas as entidades galegas rexistradas no Rexistro da Galeguidade coa categoría de comunidades galegas, centros colaboradores da ‘ galeguidade’ ou federacións de comunidades e/ou entidades que conten con local social diferenciado do das entidades asociadas.

A contía destinada a estas axudas ascende a 575.000 euros, dos que 425.000 están destinados aos proxectos de ampliación, reforma, rehabilitación e conservación de instalacións ou patrimonio cultural, e 150.000 euros serán para axudar á mellora de dotación e equipamento.

 

A presentación de solicitudes será a través de medios electrónicos para as entidades con sede social en España. As entidades domiciliadas fora do territorio español poderán presentar as solicitudes por medios electrónicos ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora.

 

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Novembro 2020
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas