GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«No aeroporto non atopaban un papel e tivo que intervir o cónsul»

(02/06/2020)

«No aeroporto non atopaban un papel e tivo que intervir o cónsul»

Conseguiu regresar desde A Habana nun voo de repatriación tras semanas de intentos para saír da illa

 

 


Lalín / La Voz 02/06/2020

 

De raíces galegas por parte de pai, a familia de José Raúl Rivera Verdecia trasladouse a Lalín desde Cuba cando o era moi pequeno, para que o neno puidese ser tratado dunha enfermidade. Despois de realizar o Bacharelato aquí, José Raúl regresou a terras cubanas para continuar os seus estudos cos ollos postos na carreira de Medicina . Na illa caribeña realizou un curso de transición, os exames de ingreso e o que alí se chama servizo socialmente útil, como un sustitutivo do servizo militar e que consiste na realización de traballos para a comunidade, ela nunha escola. Explica que «pensei que xa non era cubano e non tería que facelo, pero si».

 

Pasou o Nadal coa súa familia e regresou a Cuba tras as festas para continuar os estudos. A súa nai, Leticia, comenta que «desde finais de marzo levabamos loitando para conseguir que volvese, aínda que a travesía era perigosa co risco de subirse a un avión con moita xente». O que lles tranquilizou é que José Raúl estaba na provincia de Granma, onde o coronavirus apenas tivo incidencia. Leticia Verdecia conta que «alí non hai ningún caso e sabiamos que polo menos estaba seguro».

 

O regreso non foi fácil. Os seus pais tiveron que atopar sitio nun voo de repatriación e facer todos os trámites. José Raúl Rivera comenta que me levou ao aeroporto un señor no coche da miña familia e son unhas doce horas de viaxe», para percorrer uns 750 quilómetros case de punta a punta da illa. «Unha vez no aeroporto non me deixaban subir ao avión porque dicían que non mandara un papel de inmigración. O papel habíao mandado a miña nai dúas veces e a miña avoa outra, pero non o atopaban. Menos mal que estaba alí o cónsul. El tíñao e puido intervir e arranxalo, porque se non non se que faría porque quedei só», conta. Desde A Habana voou a Madrid e alí estábano esperando os seus pais. De volta gardou unha corentena que acaba de terminar. O domingo xa puido recibir a visita dos seus avós maternos e dos seus tíos.

 

En condicións normais, a finais de agosto, tería que empezar a carreira de Medicina en Cuba, pero «con isto do coronavirus xa nos avisaron de que se atrasa e será en novembro».

 

«Estou a desexar empezar porque desde pequeno o tiña claro», di. O seu pai e a súa irmá son médicos e a súa nai é enfermeira, así que a profesión lle vén de familia.

 

Todos están encantados de telo de volta en casa san e salvo. José Raúl está a esperar xa dar unha pequena volta por Lalín para ver a algún dos seus amigos. En Cuba, sobre o 23 de marzo xa se avisou do inmediato peche de fronteiras e empezou o confinamento. José Raúl conta que «hai restricións como levar máscara e gardar as distancias ou non saír, pero a xente tómallo de broma e hai colas enormes para entrar nas tendas».

 

En Cuba, José Raúl vive coa súa avoa «e na casa de á beira están as miñas tías». Conta que «eu non son de saír, así que estiven en casa». As conexións de Internet son malas e moi caras, co que «o que me salva é a lectura, vou cargado de libros e leo moito, ademais cada vez que veño aquí descárgome series e xogos para levar».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Novembro 2020
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas