GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo preside unha reunión telemática coa Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para seguir a evolución da pandemia nos países con máis poboación galega

(02/06/2020)

Feijóo preside unha reunión telemática coa Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para seguir a evolución da pandemia nos países con máis poboación galega


Imagen de la videoconferencia de esta tarde en la sede del Gobierno gallego en San Caetano (Santiago de Compostela)

Imaxe da videoconferencia desta tarde na sede do Goberno galego en San Caetano (Santiago de Compostela)


A Rexión Internacional 01/06/2020.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta tarde unha reunión telemática coa Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para seguir a evolución da pandemia do coronavirus nos países cunha maior presenza galega. Mentres que en Europa a epidemia semella estar a chegar a unha fase de certa estabilidade, en moitas rexións de América a ameaza está a se facer máis real a medida que avanzan no outono e o inverno. Por iso, o titular do Executivo galego mostrou especial preocupación pola situación das galegas e os galegos do Brasil, un dos países que está a ser castigado pola covid-19, e Arxentina, o que acolle unha maior poboación orixinaria de Galicia e que está a mirar con precaución a expansión do virus polas zonas máis pobres e ateigadas da súa capital, Buenos Aires.

A de hoxe é a terceira videoconferencia que os responsables do Goberno galego manteñen coa Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas desde que comezou o Estado de Alarma para preocuparse pola colectividade galega no exterior, despois dun primeiro encontro presidido por Alberto Núñez Feijóo o 13 de abril e un segundo, encabezado polo vicepresidente, Alfonso Rueda, o pasado 4 de maio.

O órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da comunidade, que se renovou o pasado mes de decembro, está conformado polo Centro Cultural y Deportivo Valle Miñor de Montevideo (O Uruguai), a Asociaçao Cultural Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago de Salvador de Bahía (O Brasil), a Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas de Bos Aires (A Arxentina) e a Sociedad Cultural Rosalía de Castro da Habana (Cuba) por América; o Centro Cultural Gallego de Cuxhaven (Alemaña), o Centro Galego de Londres (O Reino Unido), o Centro Galego de Lisboa (Portugal) e a Asociación "As Xeitosiñas" de Zürich (Suíza), por Europa; e o Centro Gallego de Salamanca, o Lar Gallego de Sevilla, o Centro Galego de Castelló, "O Aturuxo", e a Unión de Asociacións Galegas de Cataluña (Augalcat) por España. Como membros natos do organismo permanecen a Casa de Galicia de Montevideo (O Uruguai) e a Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas) por contar con máis de 20.000 persoas asociadas. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas