GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

AECID reactiva os prazos para solicitar a renovación de bolsas dalgúns programas

(26/05/2020)

AECID reactiva os prazos para solicitar a renovación de bolsas dalgúns programas


Mariana Ruiz, Buenos Aires | 26 Maio 2020 - Crónicas da Emigración


A Axencia Española de Cooperación Internacional e desenvolvemento (AECID) levantou a suspensión dos prazos de solicitude de renovación das bolsas do Programa I.5 e Programa I.6 da Convocatoria dos Programas de Bolsas MAEC- AECID de Arte, Educación, Ciencia e Cultura, curso académico 2020-2021.

Para o Programa I.5, o prazo iníciase o 14 de maio de 2020 e finaliza o 25 de maio ás 14,00 horas do rexistro telemático da AECID.

Para o Programa I.6 (solicitudes de renovación) o prazo empeza o 14 de maio de 2020 e acaba o 29 de maio de 2020 ás 14,00 horas do rexistro telemático da AECID.

De acordo coa disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, están suspendidos os termos e prazos da tramitación dos procedementos da AECID desde o 14 de marzo de 2020 e ata que cese a vixencia do real decreto.

En consecuencia, na sede electrónica da AECID, pecháronse as aplicacións informáticas asociadas aos procedementos en curso.

Pódense consultar para o efecto: as Notas Informativas de Sede e Exterior (actualizada 22.05.2020) e Resolución do 8 de abril de 2020.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Novembro 2020
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas