GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Dous empresarios emigrados doan 1.000 máscaras para Vimianzo

(25/05/2020)

Dous empresarios emigrados doan 1.000 máscaras para Vimianzo


Son Francisco Ordóñez e José Ramón Méndez: irán destinadas a persoal do Concello e persoas en risco do municipio soneirán





La Voz de Galicia
carballo / a voz 24/05/2020


A pandemia do coronavirus trouxo ventos frouxos para moitas actividades na Costa da Morte, pero tamén levantou unha onda de solidariedade desde o inicio de todo este proceso. As iniciativas seguen indo a máis e, onte mesmo, o Concello de Vimianzo daba a coñecer un novo exemplo, que chega da man de Francisco Ordóñez e de José Ramón Méndez. Son dous empresarios soneiráns afincados en Suíza e que tiveron «a boa vontade», segundo traslada o consistorio soneirán, de doar 1.000 máscaras FFP2 para o persoal do Concello e para persoas en risco do municipio vimiancés. Por iso danlle a ambos as «infinitas grazas». Na imaxe superior, os dous empresarios solidarios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas